Cervo 18-3-18. Sorprendeme moito a visión empresarial do señor villares que non dúbida en gastar 120.000 € dos impostos dos contribuintes en acondicionar “novamente” as Cabalerizas de Sargadelos, esta vez para transformalas en 6 locáis para artesans. Que uso lle deu ata agora ou alcalde dende que as acondicionase non seu día Roberto Alvarez?.
O señor Villares pretende que estes 6 locais, con rendas subvencionadas polos veciños de Cervo ao 90% e que supoñera un desembolso económico para os novos arrendadores duns 20 € ao mes, vaian a conseguir un desenvolvemento económico e industrial de dimensións económicas descoñecidas en Sargadelos.
O señor Villares acondiciona uns locais nun paraxe paradisíaco pero totalmente carente de infraestruturas básicas para que poida sobrevivir o proxecto. Non existe nin bar, nin cafetería, nin vivendas aptas e accesibles para os artesans, nin comercio, nin transporte público de calidade, nin nada de nada.
Parece que ou señor Villares descubríu a pólvora pero xa tentáronse proxectos similares en outras zonas do territorio nacional, coma por exemplo na provincia de Segovia en Cabanas de Polendos, ben cerquiña dá comunidade autónoma de Madrid. Este proxecto era moito mais serio que ou do señor Villares, por unha banda porque as instalación dedicadas ao proxecto eran moito mellores e contaban con infraestruturas, e polo outro lado grazas a proximidade de poboacións importantes como Segovia con 52.000 habitantes e a comunidade de Madrid con 6.400.000 habitantes.
Neste proxecto os locais dispoñían de zonas destinadas a vivenda para que os artesans poideran facer vida ali e non tiveran que desprazarse diariamente aos seus domicilios, tiñan tamen un local de hostalería totalmente equipado para que os artesans e visitantes poideran tomar un café, xantar ou facer vida ali. Non soamente iso sinón que vos artesáns debía de ter abertos ao público os seus establecementos para que os visitantes poideran observar a súa forma de traballar e de paso comprar os produtos manufacturados. Debían ademáis estes artesans ter aberto os fins de semana e festivos a fin de que acudirá turismo a zona e conseguir que se asentase o proxecto. Ainda así, o proxecto non foi o esperado.
Era polo tanto dito enclave, dende ou punto de vista económico e empresarial, moito mellor que o elexido polo señor Villares.
Pregúntome de onde vai vir a xente a Sargadelos ,de onde pensa traer o señor Villares visitantes diariamente capaces de rendibilizar este proxecto?, van vir autobuses de Murcia?, tal vez excursions deTrabada?, ou tal vez sorpréndanos o señor Villares traendo transatlánticos ao porto de Alcoa ou de Celeiro cheos de xente desexando coñecer os seus locais de artesans?
Por outra parte, que artesans van vir a Sargadelos?. Xente de Ribadeo, Viveiro, Ourol, Alfoz, Riotorto…. De onde? Esta xente para optar a un local por 20 € ao mes terá que desprazarse todos os dias ata o seu local e deberán comer fora, por menos de 20 € diarios non o fan. Isto ao mes xa supoñen preto de 500 €.
Debe pensar o señor Villares que os artesans non son empresarios, e principalmente autónomos, e que non son capaces de facer estas contas antes de meterse nun proxecto. Esquece o señor Villares que non todo o mundo ten pagos os gastos de desplazamento.
Pero vindo o proxecto do señor Villares non estrañaríame o mais mínimo que subvencionase a compra de vehículos eléctricos e que de paso os novos propietarios poidesen cargar de forma gratuíta as baterías dos seus vehículos privados na casa dá Administración, como xa fai alguen a día de hoxe. Ou e que ou señor Alcalde non decátase do que pasa non seu Concello?.
Leva xa gastados ou señor Vilares mais de 200.000 € en Sargadelos en menos de dous anos, mais outros 80.000€ que se invirtiron non 2013 estando Raquel Arias de Delegada dá Xunta. A raíz dous resultados non acabo de entender cales son os motivos do señor Alcalde para seguir invirtindo cartos públicos nesta zona mentras ten totalmente desatendidas infraestruturas no Concello como pode ser a Escola de San Román, a Urbanización de Rio Covo, a Piscina de Lieiro, Rúa ou o abandono total do Porto de arriba.
Claro que todo isto co consentimento dá oposición, que lonxe de facer oposición real limítanse a defender ao señor Villares cando e criticado por min. Non estrañaríame o mais mínimo que saia novamente Mercedes a defender ao Alcalde ; e ou que ten militar no equipo filial, que ao final traballas para o equipo principal. Espero que non teña que ver con algunha vacante existente tal e como se rumorea polo Concello.
Non aprendemos dos erros e seguimos a malgastar cartos públicos en proxectos de dubidosa viabilidade, como pode ser este das cabalerizas, ou terras Azul Cobalto, ou mesmo o padroado de Sargadelos.
Seguimos gastando cartos que son necesarios para outras cousas mais importantes e ao final isto ten repercusión na reaidade do país e do estado con reduccións na area sanitaria, nas pensións, na educación, na formación de traballadores, etc etc..




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



