Barreiros, 2 de marzo de 2018. No restaurante O Asador, de San Cosme de Barreiros, están ultimando os preparativos para o seu segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns que se celebrará este sábado, e domingo. Neste evento colaboran, dando a coñecer os seus traballos, outras trece empresas: Decoraciones Pura, de Foz e Burela; Centro médico estético Coida de ti, de Barreiros; Floristería Sefa, de Mondoñedo; Celebra o teu día, de Burela; Peluquería Cid, de Barreiros; Boutique Catycris, de Xove; ElFarero Audiovisuales, de Ribadeo; Pastelería Cabaleiros, de Vilanova de Lourenzá; Discomóvil Eventec, de Mondoñedo; Viajes Rodríguez, de Foz; Oscar Rodríguez Joyeros, de Viveiro; Auto Forum, da Coruña; e Rec Audiovisual, de Barreiros.
O segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns no restaurante O Asador, de Barreiros, será inaugurado mañá, sábado, ás cinco da tarde e todos os asistentes serán obsequiados cun viño español de 19:00 a 20:00 horas. Ademais sortearase unha fin de semana nun hotel da Toxa.
O domingo o evento estará aberto desde as doce do mediodía e ás seis da tarde haberá un pase de modelos a cargo de Catycris, Peluquería Cid, Centro Estético Coida de Ti, Óscar Rodríguez Joyeros e Floristería Sefa. Será presentado pola actriz Estíbaliz Veiga. Ás 20:00 horas sortearanse 3 ceas para dúas persoas e a clausura será cun vino español.
A entrada, tanto o sábado como o domingo, será libre e gratuíta para todas as persoas que queiran asistir.
