A Mariña, 08 de marzo de 2018.- Nova mostra do dobre xogo e das mentiras do PP: Fomento confirma no Congreso que non ten previsto arranxar a N-634, incumprindo unha proposición non de Lei presentada polo PSOE no Congreso e aprobada pola Cámara xa hai un ano, aínda non contar co apoio do PP; e poucos días despois de que os populares votasen a favor na Deputación de Lugo dunha moción para melloras nesta estrada e noutras na Mariña, contradicindo ao seus compañeiros en Madrid e mentindo aos veciños da provincia sobre as súas “verdadeiras intencións para Lugo”. “Unha vez máis, confírmase que mentres en Madrid o Partido Popular á fronte do Goberno Central non oculta o seu claro abandono á provincia, manténdoa ao marxe de calquera proxecto; en Lugo, practicando un dobre xogo, menten aos veciños sobre as seus verdadeiras iniciativas para a provincia, que non son outras máis que non facer nada”.
Así o destacou a Deputada socialista por Lugo no Congreso, Margarita Pérez Herráiz, tras preguntar ao Goberno Central polas súas previsións na N-634 e N-642. Fíxoo logo de que o Partido Popular no Executivo Estatal non fixese mellora algunha nestas dúas infraestruturas cando a Cámara aprobou, xa en marzo de 2017 e sen o apoio do PP, a proposición non de Lei que presentou o PSOE para executar as necesarias obras de mantemento en ambas as dúas vías.
Pérez Herráiz fixo as seguintes preguntas sobre a N-634 e N-642: que obras se fixeron nestas vías?; que presuposto se empregou?; en caso de non telas feitas, cando ten previsto o Goberno levalas a cabo e con que orzamento?. Na resposta, Fomento non fai referencia algunha á N-634, pois non levou a cabo ningunha actuación e non ten previsión de facelas tal e como constata.
O PSOE leva tempo demandando o arranxo integral desta infraestrutura ante o estado de abandono no que o PP mantén todo o seu trazado, que discorre dende Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba e ata Begonte. Trátase da vía primitiva de entrada a Galicia e Portugal dende Francia e a zona Cantrábrica.
Sen executar fondos de 2017 e sen prazos da reparación de 20 quilómetros
Ao respecto da N-642, a maiores das anteriores preguntas, a socialista tamén formulou as seguintes outras: como xustifica o Goberno que a pesares da súa necesidade non se executasen os 875.660 euros que estaban previstos nos orzamentos de 2017?; cando ten previsto iniciar e terminar as obras de reparación dos 20 quilómetros aos que fai referencia?; que fará o Goberno para ter en condicións mínimas de seguridade a N-642 en tanto non se conclúan ditas obras?.
Na resposta, Fomento confirma que non executou os 875.66 euros do ano pasado, apuntando que a partida referida é acorde a súa situación administrativa. De feito, remítese a traballos de finais de 2015 na variante de Foz para facer alusión a algún traballo nesta vía. Asegura que actualmente está en redacción o proxecto que define a actuación, referíndose á reparación de 20 quilómetros da N-642, sen especificar previsión para o inicio e remate destes traballos, nin actuacións para garantir a seguridade en tanto non se executen estas actuacións.
O Partido Socialista demanda o arranxo integral e a mellora da seguridade na N-642, tal e como recolle a proposición non de lei que presentou no Congreso xa en marzo de 2017 e que foi aprobada pola Cámara sen o apoio do PP. Esta vía vertebra boa parte da Mariña, dende Ribadeo a San Cibrao, cunha lonxitude de 50 quilómetros polos que a diario circulan milleiros de vehículos. O abandono ao que o PP mantén sometida esta vía é máis que evidente, pois sufre un importante deterioro, principalmente en treitos que discorren por Fazouro, Cangas, Nois, pola variante de Burela e en Cervo. Os 8 quilómetros desta estrada en Ribadeo están considerados como o quinto punto máis perigoso de España segundo o estudo RACE 2017 (Real Automóbil Club de España).





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



