Lugo, 15 de marzo de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu de mans do cedente, José Luís Fernández Guerreiro, 2 violíns, 1 arco de violín, 1 pandeireta, ademais de fondos bibliográficos procedentes do afamado luthier Pascual Viudes de Aznar, e dun dos músicos que utilizou as súas pezas, que foi o compositor nado en Ferreira do Valadouro, Félix Canoura Ramos. Tras a sinatura do convenio, os asistentes desfrutaron dunha audición da canción Alalá de Foz, unha peza interpretada por Félix Canoura co violín nº 328 do luthier Viudes, acompañado ao piano polo músico arxentino Jose Alessio.
Campos Conde agradeceu “a Fernández Guerreiro a súa xenerosidade por ceder durante 5 anos estes instrumentos ao CENTRAD, para que poida ser estudado e conservado no Arquivo documental da Colección de instrumentos musicais e obxectos sonoros do Centro. Nestas mesmas instalacións tamén se atopa a colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII”.
O Presidente explicou que “poucas veces se xuntan nunha mesma sala a obra feita polo luthier, neste caso Antonio Emilio Pascual Viudes Aznar, e a música interpretada cos seus instrumentos durante as súas actuacións, polo lucense Félix Canoura. Trátase dun conxunto documental ao que rara vez se ten acceso pola súa calidade, e a conxunción de dous artistas, e que coinciden, ademais, na súa condición de emigrantes”.
Campos Conde remarcou o gran traballo que se realiza dende o CENTRAD co fin de estudar, investigar, catalogar, conservar e promocionar o patrimonio musical da provincia de Lugo. “Os fondos que hai actualmente nesta sala proveñen da antiga sección de música do Museo, ademais dos instrumentos de produción propia froito de diferentes proxectos de investigación, adquisicións, doazóns e os depósitos de particulares, como o que hoxe incorporamos”.
Antonio Emilio Pascual Viudes Aznar e Félix Canoura
Antonio Emilio Pascual Viudes Aznar, (1833, Crevillente- Alacante, Bos Aires-1959). É o último descendente dunha familia de construtores de vihuelas e de laudes, a súa familia xa os construía en 1421. Aos 14 anos foi enviado a Madrid onde se incorporou ao taller do famoso Manuel Ramírez, desde outubro de 1897 ata 1902 pasando logo a exercer como oficial no taller de José Ramirez onde constrúe o seu primeiro laude en madeira de arce para o duque de Medinaceli.
Volta ao obradoiro de Manuel Ramírez ata agosto de 1909 que se casa e emigra a Arxentina establecéndose en Bos Aires o 4 de outubro. Viudes construíu un gran número de violíns, dúas violas e algúns violoncellos e arpas. É tamén moi apreciado como construtor de guitarras. Emprega diferentes etiquetas, algunhas están asinadas cos tres nomes: ANTONIO EMILIO PASCUAL / CONSTRUCTOR DE GUITARRAS, VIOLINES ARPAS / DISCÍPULO DE MANUEL RAMIREZ. Para os instrumentos de arco, asina co seu apelido de familia VIUDES. O seu traballo é moi coidadoso, recibiu leccións de Pepe Rojo, e traballa para grandes músicos e intérpretes como Carlo Pessina, Pedro Napolitano ou o violonchelista Ramón Vilaclara.
Félix Canoura Ramos, (1922, San Acislo- Ferreira do Valadouro), é un singular violinista que formou parte da Orquestra Sinfónica de Bos Aires, é compositor de numerosas obras, entre as que destacan: Cantiga de Foz d´o Masma, Namorado, Orvallo ou ao Mariscal Pardo de Cela, A Ninfa de Marzán…..
Das súas gravacións con violíns de Viudes, adquiren relevancia 14 carretes que conteñen gravacións interpretadas e recollidas por el mesmo nunha gravadora Revox. Cada un deles conforma unha fonte documental de primeira orde polas súas singularidades, mais aínda xuntas, xa que se complementan nesa sinerxía de luthiers e músicos unidos pola emigración.
Material en depósito durante 5 anos
O material estará ubicado na sala Faustino Santalices e Paulino Pérez, na sección de instrumentos pulsados e música mecánica e ao Arquivo documental da Colección de instrumentos musicais e obxectos sonoros do Centro de Artesanía e Deseño. O material cedido durante 5 anos, é o seguinte; 2 violíns, 1 arco de violín, 1 estuche dobre para violíns e 1 fotografía enmarcada do luthier Antonio Emilio Pascual Viudes. Ademais 1 pandeireta, 1 disco de vinilo L.P., 1 casete, 14 carretes de cinta, 1 gravador-reproductor, en papeis soltos – unha relación de obras e partitura, desexo testamentario, escrito sobre Josep / H Guarnerius e 4 fotografías.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



