Acia/CCA de Foz súmase á concentración convocada polos pensionistas e xubilados para o vindeiro sábado, día 17, en defensa dunhas xubilacións xustas. A mobilización terá lugar nas inmediacións do Concello.
Desde o Centro Comercial Aberto focense comunícanlles aos seus asociados que moitos comerciantes se están adherindo a esta xornada e van pechar de 12:00 a 12:30 horas os seus establecementos para poder asistir á devandita concentración.