Mondoñedo, 9 de marzo de 2018.- O Concelleiro de Deportes de Mondoñedo respóndelle ao PSOE en relación co campus de baloncesto e lamenta que na Deputación de Lugo estean a perder o norte.
Desde o Goberno municipal saen así ao paso das declaracións da voceira socialista sobre o Campus de Baloncesto, unha actividade que o Goberno provincial apoia e que incluso foi presentado na Deputación o pasado mes de xullo pola alcaldesa e o deputado Pablo Rivera.
Desde o Goberno municipal amosan a súa sorpresa porque, como fixo hoxe Darío Campos en relación coas residencias da Deputación, critiquen as decisión que eles mesmos toman. Así, na propia web da Deputación pode verse a información da institución na que amosan o apoio a esta iniciativa, polo que “non entendemos esta arroutada cando eles mesmo se sumaron á súa organización e promoción”.
“Agora rexeitan o que antes estaban orgullosos de financiar”, de feito é unha das actividades que os socialistas axudaron a costear a través do Plan Único e Pablo Rivera referíase a ela como “unha iniciativa única que, ademais de promocionar Mondoñedo, contribúe a dinamización social, económica e deportiva desta cidade”.
