Cervo, 5 de marzo.- O Concello de Cervo xa ten o visto bo da dirección Xeral de Patrimonio ao novo prego que foi redactado para a cesión en réxime de arrendamento dos locais habilitados no antigo edificio das Cabalerizas, en Sargadelos, cuxa principal novidade é que agora calquera persoa emprendedora e que contribúa a dinamizar o Conxunto Histórico poderá optar a un destes espazos.
Así o anuncio o rexedor, Alfonso Villares, quen explicou que agora enviaremos este documento a exposición pública; e aquelas personas insteresadas en formar parte deste proxecto xa poderán presentar as súas propostas.
Os 5 locais que sairán a concurso –un deles xa foi adxudicado a un emprendedor da rama da alimentación- poderán ser destinados a calquera actividade comercial relacionada co sector artesanal que segue a ter prioridade; pero tamén cos produtos ecolóxicos, co sector turístico, coa hostelaría, co sector educativo, terapéutico ou con calquera outra actividade relativa ao sector terciario.
Vilalres recordou, así mesmo que, ademais dos 5 locais aínda sen adxudicar, tamén sacaremos a concurso un espazo exterior anexo ao Edificio das Cabalerizas, con cuberta, e de 100 m2, “que cremos que pode ser un complemento importante a todo este recinto”.
O alcalde fixo fincapé nas condicións da cesión dos locais polos que os interesados poden pagar uns 20 euros de media ao mes “unha cantidade que se pode considerar case simbólica tendo en conta as características dos espazos e a súa ubicación nun lugar privilexiado e moi frecuentado por veciños e visitantes”.
Así mesmo, o alcalde puntualizou que cada local terá un canon anual medio, cumprindo a normativa, que vai dende os 1400 aos 2200 euros, en función das cartacterísticas do mesmo. Pero recordou que nos propios pregos se recolle que dende o Concello imos establecer bonificacións de ata o 90%; “polo que os emprendedores que se instalen no Conxunto Histórico, e que cumpran cunhas condición que son moi accesibles, terían que facer fronte a unha taxa anual duns 200 euros de media”.
Entre os criterios avaliables están, por exemplo, os días da semana e as horas en que estará aberto ao público. Así, recibirán o máximo de 20 puntos aqueles que abran todos os días da semana, sen ter en conta os domingos e festivos; e 8 horas diarias. Tamén se valorará a programación anual de acción ou as actuacións socioculturais que contribúan a promocionar a contorna, como charlas, conferencias, exposicións…; aquel emprendedor que desenvolva máis de 3 programas ao ano recibirá a puntuación máxima de 20 puntos.
Segundo o tipo de actividade, como se dixo con anterioridade, seguirá a primar o sector artesanal ou a venda de produtos ecolóxicos que terán 10 puntos; e as relacionadas co sector turístico, da hostelaría, educativo ou terapéutico, recibián 8 puntos. Tamén se valorará o carácter innovador do proxecto que se presenta; entre outros aspectos.
O alcalde e a edil de Turismo e Emprego, Manuela Méndez, estiveron visitando o Conxunto Histórico de Sargadelos, onde está ubicado este centro de Emprendemento, “unha zona que está declarada Ben de Interese Cultural (BIC); e que é un auténtico regalo da natureza formada por elementos únicos como o Paseo dos Namorados ou a Fervenza de Sargadelos, integrada nunha paisaxe que abraia a todos cantos a descubren”, apuntou Méndez.
Desde o Concello de Cervo, engadiu, somos conscientes de que este é un dos lugares máis representativos e senlleiros e por iso, “estamos continuamente pendentes de manter toda esta contorna na mellor das condicións, para que veciños e visitantes poidan desfrutar dun paseo único en plena natureza”.
A concelleira amosouse convencida de que o novo Centro de Emprendemento Comercial outorgaralle un valor engadido a todo o Conxunto.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



