Lugo, 29 de marzo de 2018. O Goberno da Deputación impulsa o turismo durante a ponte de Semana Santa, colaborando coas festas do Queixo de Cebreiro de Pedrafita do Cebreiro, da Augardente de Portomarín, a Feira Medieval de Monforte de Lemos e a Procesión do Santo Enterro de Viveiro. O Executivo Provincial achegou durante o último ano 64.000 euros para o desenvolvemento destas 4 citas, dentro da súa aposta por potenciar a vida nas vilas e dinamizar a economía da provincia.
3.000 quilos de Queixo do Cebreiro
O vindeiro venres, 30 de marzo, terá lugar a XXXI Feira do Queixo do Cebreiro, declarada Feira de Interese Turístico Galego, en Pedrafita do Cebreiro. No evento participarán as Queixerías acollidas ao Consello Regulador, estas son: Castelo de Brañas, Queixo Santo André, Marqués de Cernadas, Gran Despensa Abadía de Samos e Queixo Fonchave poñendo á venda uns 3.000 queixos. O prezo destes varía en función do peso, dende os 300 gramos ata o quilogramo. En total, haberá uns 160 stands, nos que tamén se poderán adquirir outros produtos tradicionais e elaborados de maneira artesanal. Como novidade este ano, tamén se poñerá á venda queixo curado e haberá un stand de produtos de porco celta.
Procesión do Santo Enterro
O venres, 30 de marzo, da Igrexa parroquial de Santa María do Campo, no Concello de Viveiro; sairá a procesión do Santo Enterro da confraría do Santísimo Rosario. A Deputación de Lugo colaborou co Concello de Viveiro e a Xunta de Confrarías para que a Semana Santa viveirense, que é de Interese Turístico Nacional dende o ano 1988, recibise esta distinción a nivel internacional no 2013. Neste senso, cómpre subliñar que a Semana Santa move, de media, a unhas 30.000 persoas, coa consecuente repercusión económica que isto supón, acadando unha ocupación hoteleira no municipio do 100%.
Demostracións e obradoiros na Feira Medieval
Os días 31 de marzo e 1 de abril, terá lugar a XVI edición da Feira Medieval de Monforte de Lemos. Este ano amplíase a cantidade de tendas e actividades do Campamento Medieval, organizadas pola Asociación de Recreación Histórica Knights of Ulver, coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos. Neste campamento, os visitantes á feira atoparán exposición de armas, panoramas militares, cascos, roupa civil e utensilios medievais. Ademais, neste campamento desenvolveranse demostracións e obradoiros para todos os públicos. A XVI Feira Medieval contará con máis de 100 postos de artesanía e produtos autóctonos, como chourizos, queixos, empanadas, etc.
Concurso de augardentes
O vindeiro día 1, o Concello de Portomarín acolle a XLVIII Festa da Augardente, coincidindo co Domingo de Resurrección. Os numerosos visitantes poderán degustar esta bebida tradicional de Portomarín, destilada e preparada de diferentes modos. Durante a xornada tamén se celebrará a VIII edición da anguía e a IV Carreira Popular e contará con actuacións musicais e concursos de augardentes.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



