A Mariña, 24 de marzo 2018. A nova medida implantada polo PP instalando un novo radar de tramo na subida do Fiouco indigna novamente aos mariñaos e usuari@s en xeral desta vía de comunicación. Lonxe de atopar unha solución aos problemas da néboa e o vento no Fiouco, o Ministerio bota man novamente de medidas sancionadoras que nada aportan á solución do problema, únicamente provocar un menoscabo económico nos petos da xente que tén que usar este complicado tramo para sair ou entrar na Mariña.
O BNG considera esta medida un novo atraco, ademais de significar a constatación do pouco que esta comarca lle importa ao goberno do Estado, á que sigue condeando a circular por estradas de hai medio século, e adiando ano tras ano o inicio da Autovía Barreiros-San Cibrao.
O BNG tamén presentou recentemente alternativas ao Fiouco, propoñendo a prolongación do terceiro carril na subida da Xesta, na N-634, e presentando iniciativas no concello de Mondoñedo e na Deputación de Lugo, sendo aprobadas por unanimidade de todos os grupos.
Hai que defender A Mariña fronte ao Goberno do Estado
Para o BNG, o Ministerio de Fomento tén que aportar solucións xa ao problema que só e únicamente eles crearon no seu día con este trazado, independentemente de quen fora o responsable no seu día do trazado, tanto no seu deseño coma na súa execución, porque a responsabilidade do goberno do Estado estivo sempre en mans dos mesmos partidos, e a Mariña nunca saíu benficiada en materia de infraestruturas, gobernara A ou gobernara B. Neste sentido, @s nacionalistas tamén se referiron á situación de minoría na que se atopa o goberno de Rajoy, e sen orzamentos aprobados, polo que o BNG fai un chamamento a todas as forzas políticas con representación no Congreso e aos seus representantes lucenses para que fagan valer os intereses da Mariña. Será a proba de se están con esta comarca ou non.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



