Mondoñedo, 9 de marzo de 2018. Os socialistas de Mondoñedo advirten que unha asociación privada de Madrid ten a maior subvención do Concello de Mondoñedo en materia deportiva. Dende o Grupo Socialista critican que se dedique a promocionar o deporte base dos nenos madrileños, e non aposte por fomentar o deporte base dos nenos mindonienses.
González sinala que “Elena Candia financiou con unha subvención directa con 6.000 euros ao Campus do Basket S.L.de Madrid, ademais de pagarlles unha comiola no Seminario por un importe de 3.293 euros. Esta subvención só se pode entender dende o amiguismo clientelar da Alcaldesa á esta asociación, esta é unha operación de puro amiguismo, cun marcado carácter clientelar”.
González advirte que os alumnos madrileños matriculados teñen que pagar unha media de 300 euros, e usan de xeito totalmente gratuíto todas as instalacións deportivas do Concello como o pavillón polideportivo, instalacións do Colexio Álvaro Cunqueiro, así como as piscinas municipais, mentres os mindonienses teñen que pagar por usalas. Polo tanto cero euros de gasto para a empresa organizadora.
“Pero o máis grave de toda esta situación e que non hai nin un só alumno de Mondoñedo que participe nestas Campus”, advertiu. A voceira socialista cualifica “como un autentico despilfarro esta subvención. Non entendemos como se poden estar subvencionando a empresas privadas, e ao mesmo tempo negarlle servizos aos mindonienses”, explicou.
“Aos veciños de Mondoñedo cústalles moito pagar os seus impostos, para que despois veña a Elena Candia a regalar e despilfarrar os recursos de todos os mindonienses”, sinalou González.
González emprazou a Candia a apostar polo deporte mindoniense e lucense, e que se deixe promocionar empresas privadas que nada teñen que ver co tecido económico na Comarca.
Ademais, “o despilfarro é evidente, xa que unha das facturas que presenta o Concello é unha comida para os alumnos por un importe de preto de 3.300 euros. O Concello de Mondoñedo non pode estar para pagar comilonas nin festas, senón para atender ás demandas dos mindonienses”.
Por ultimo emprazou a Candia a subvencionar do mesmo xeito as asociacións deportivas de Mondoñedo. Dende o Grupo Socialista emprazamos a toda as empresas a inverter na nosa Comarca e no noso Concello, pero non con recursos dos mindonienses.