Burela, 15 de marzo de 2018. O XI Encontro de Palilleiras celebrarase en Burela o vindeiro 12 de maio. Terá lugar na nave de redes e está organizado pola asociación As Encaixeiras coa colaboración do Concello. O alcalde, Alfredo Llano, subliña que a cita é un bo escaparate para amosar Burela e os seus atractivos turísticos.
O rexedor anunciou que “o XI Encontro de Palilleiras vai ser o 12 de maio, no porto na nave de redes, onde ven sendo Expomar e Produart, pola súa dimensión e pola cantidade de xente que contamos que veña, é xustificado que se faga alí”.
Alfredo Llano salientou que “é unha boa oportunidade para dar a coñecer o noso concello, o barco-museo, o Monte Castelo, os negocios, restaurantes e outro tipo de comercios que hai no noso pobo, que se dean unha boa volta, e que vexan o porto e as praias. É unha oportunidade que temos nosoutros desde Burela para ofrecer á xente que vai vir de fora, tanto de Asturias como da Coruña, de Pontevedra, de León e outras provincias”.
O alcalde burelés engadiu que “é un escaparate extraordinario para ensinar Burela, que se vaian contentas e con ganas de volver acompañadas de familiares ou amigos. Sempre é bo no plano social e cultural. Hai que darse conta que no encontro de palilleiras veñen ensinar moitisimo do que fan durante todo o ano, unha labor extraordinaria, unha actividade penso que moi gratificante que se nota pola grande cantidade de xente que está asociada”.
Alfredo Llano considera que “vai ser un día lúdico, de esparexemento, un día onde se expoña o arte que se chega a facer con esta labor, e polo tanto imos apoiar desde o Concello a estas iniciativas como corresponde, porque pensamos que vai ser un bo resultante para Burela de forma global”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



