Ribadeo, 14 de marzo de 2018. Preto dun cento de persoas asistirán este venres, día 16, á VII Gala de Acisa, que se celebrará a partir das 21:30 horas no Parador de Turismo de Ribadeo.
Neste evento serán premiados os propietarios de O Bodegón, Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, que recibirán o recoñecemento a toda unha carreira empresarial. O premio como socio honorífico recibirano José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. E o galardón como socio do ano será para José Ramón Leal Segura, propietario de Galería Terra Branca.
Ao acto confirmaron xa a súa asistencia o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez. Tamén haberá representación da Deputación Provincial de Lugo e acudirán á cita outros representantes políticos autonómicos e locais.
A VII Gala de Acisa dará comezo cun photocall ao que seguirán os discursos das autoridades. A continuación terá lugar a cea e despois serán entregados os agasallos aos galardoados nesta Gala, que será conducida polo humorista madrileño Javi González, que se atopa de xira por España co espectáculo “¿Te acuerdas de mañana?”. Este cómico, actor, guionista e presentador foi gañador de numerosos concursos de comedia entre os que se atopan Opera Valenciana, Green Coslada, Ciudad Béjar ou Villa Chica e foi o segundo clasificado no Concurso Nacional de Parla e da sala La Chocita del Loro.
Mañá, 15 de marzo, é o último día para adquirir as tarxetas da Gala. Están dispoñibles nos locais de Acisa e tamén no Parador de Ribadeo.
Cortes de luz
Desde Acisa critican os cortes no subministro eléctrico que se produciron ao longo desta mañá: “temos constancia dun ás 11:08 horas e de seis ou sete a partires das 13:07 horas. Pensabamos, tal e como se contou hai un mes, que esta problemática quedaría resolta coa posta en marcha da nova subestación eléctrica, pero xa vemos que non”. E subliñan “os danos que ocasionan estes microcortes aos nosos asociados e asociadas son moitos, desde tpvs, pantallas de ordenadores, etc. Cada vez que se producen son moitas as chamadas que recibimos en Acisa con queixas, que nós debemos facer chegar á opinión pública e debemos pedir unha vez máis que isto non volva producirse”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



