Este sábado 3, na 1ª Xornada do VI Festi-Val de Cine de Alfoz e Valadouro, recuperouse o filme “Lume na alma”, rodado hai dez anos no Instituto Alfoz-Valadouro e no que participaron máis de medio centenar de actores, entre profesores, alumnos, persoal non docente, etc. O Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz encheuse con preto de 100 espectadores e moitos protagonistas do filme puideron lembrar anécdotas da gravación. E, posto que o filme trata das ánimas e da Santa Compaña, non puideron faltar as candeas para ambientar a proxección. Incluso o colectivo artístico Terra Branca, implicado tamén neste Festi-Val, gravou un pequeno vídeo resumo do acto, que xa está circulando polas redes sociais. O acto estivo organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro, coa colaboración do Concello de Alfoz e tamén do Grupo Teatral Raiolas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



