Cincuenta e catro mariñáns, concretamente veciños dos concellos de Ribadeo, Barreiros e Foz, participaron este pasado sábado na excursión a Portugal organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado. A excursión incluíu o almorzo cerca de Santiago, un percorrido por Vila Nova de Cerveira, a comida xunto ao santuario de Nosa Señora da Cabeza e visita a Valença do Minho.
