A Mariña 16-4-18. A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) está a participar nunha viaxe ao Balneario de Cuntis, unha actividade na que partipan en torno a 30 persoas con enfermidade mental, de diversos Centros de Galicia, acompañados dos respectivos monitores.
Hoxe ao mediodía chegaban ás instalacións do balneario , con un planing de actividades moi interesante. Concretamente, disfrutarán das actividades propiamente ditas do balneario, o maior balneario de toda Galicia, xa que ademáis da piscina terapéutica ten máis de 40 cabinas individuais de tratamento, con baños de hidromasaxe e aeromasaxe, chorros, parafangos, duchas circulares, entre outros servizos, e ademáis todos enmarcados nun entorno enmellorable .
Aproveitando a ocasión, debo de destacar que saber disfrutar do tempo de ocio é fundamental para garantír unha boa calidade de vida. Cando se trata de persoas que padecen unha enfermidade mental crónica en situación de internamento residencial, en algúns dos casos, cobra especial relevancia para que o tempo de ocio sexa ademáis de ocio rehabilitador donde se contribúa a:
oManter a estabilidade clínica
oEvitar o aillamento a través da integración na comunidade
oAumentar a socialización
oMellorar a autonomía
oMellorar a calidade de vida
oMellorar a autoestima
Por iso quero facer fincapé na importancia destas actividades, e destacar que ademais de loitar contra o estigma social, as persoas diagnosticadas de enfermidade mental, con un tratamento axeitado e cos apoios necesarios, ousexa, un tratamento integral, poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse plenamente na sociedade.
Agardamos , por tanto, que esta viaxe favoreza a súa mellora terapéutica e que esté á altura das expectativas de cada un, que disfruten do lecer, do relax e de seguro que do bo tempo. Así como que veñan coas pilas cargadas para o próximo sábado , dia da celebración da nosa cea benéfica anual.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



