A bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez, explicou: “seguimos, despois da visita dos nenos da gardería a Galiña Azul, coa actuación de Trinke Trinke co contacontos Avós. Encantadora Lili Gruyere que estivo en Foz cos contos dos ratiños de biblioteca. Continuaremos este venres, ás 18:00 horas con Enredando con Pakolas, cancións da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante. É un espectáculo para público familiar”.
