Santiago, 1 de abril de 2018.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, destina preto dun millón de euros ás obras de mellora focalizadas nos peiraos comerciais de titularidade autonómica da comarca da Mariña no que vai de lexislatura. Así o contempla o informe do ente público sobre investimentos dende 2016.
Por zonas administrativas, a Zona Norte -costa cantábrica- foi a que recibiu maiores investimentos, cunha achega global de preto dun millón de euros, dada a relevancia dos seus peiraos comerciais. Deste importe, 350.000 euros destináronse a reparacións e obras menores, como as pavimentacións de Ribadeo, a dotación de defensas en Cariño ou as melloras eléctricas en Burela. Ademais, destináronse 240.000 euros á primeira fase da mellora de defensas e medios de amarre en Celeiro-Viveiro e están comprometidos 400.000 para a segunda fase desta mesma obra no exercicio actual.
Este informe recolle que os oito portos comerciais dependentes da Xunta de Galicia –Ribadeo, Burela, Celeiro-Viveiro, Cariño, Laxe, Brens-Cee, Ribeira e Pobra do Caramiñal- posúen unha relevancia fundamental no sistema portuario autonómico dado o volume de tráfico de mercadorías que se manexa neles. Así mesmo, polo seu carácter comercial, están suxeitos a unha normativa de seguridade específica de carácter internacional, o código PBIP.
Por ambos motivos, dende Portos de Galicia mantense unha liña de investimento específico para estas dársenas, co dobre obxectivo de captar novos tráficos e consolidar os actuais e manter permanentemente actualizadas as medidas marcadas pola normativa internacional neste sentido.
Esta estratexia de focalización do investimento sobre os portos comerciais está a dar resultados e unha mostra é o incremento permanente dos tráficos de mercadorías que se desenvolven nestas dársenas. Así, dende o peche de 2015 ata o de 2017 rexistrouse un incremento do 6% no volume destes tráficos.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



