O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, inauguraron este mediodía a exposición Ondas do Nordés, de Miguel Anxo García, que tamén estivo presente. A mostra, composta por 24 óleos, é unha recompilación da obra do autor, natural de Lugo, e doutor cum laude en Belas Artes pola Universidade de Vigo, e licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Valencia. Os traballos poden verse na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián ata o 27 de abril. Caramés recordou que tamén se pode visitar ata o 2 de abril na Sala de Exposicións da biblioteca de Cervo unha mostra sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



