Lugo, 17 de abril de 2018.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, destacou hoxe en Lugo o peso que a provincia vai ter no desenvolvemento do sector eólico galego nos vindeiros anos ao incrementarse a súa potencia nun 23%.
Tal e como explicou, a provincia conta na actualidade cun total de 65 parques eólicos cunha potencia instalada de 1.590MW que se verán incrementados coa posta en marcha doutros 15 que suporán 374,6MW máis. Tamén se executarán 10 liñas de alta tensión e unha subestación colectora.
Ángel Bernardo Tahoces sinalou a importante oportunidade que ten Galicia, no eólico, tras as poxas realizadas que permitirán desenvolver ao redor de 700MW na Comunidade, máis da metade programados na provincia de Lugo.
Estes 15 novos parques forman parte da máis de vintena que teñen sido declarados de especial interese, unha nova figura que introduce a Lei de implantación empresarial e que permite a tramitación prioritaria destas actuacións, así como a redución á metade dos prazos necesarios para obter as autorizacións preceptivas para a construción dos parques, mantendo sempre todas as garantías xurídicas, técnicas e medioambientais. O obxectivo é que se executen en Galicia proxectos de enerxías renovables no marco das poxas do Estado, tendo en conta que deben estar en funcionamento antes do 1 de xaneiro de 2020.
Coa implantación destes novos proxectos nos que as empresas investirán 405,7 millóns de euros, Lugo contará coa creación de máis de 5.500 empregos durante a súa construción e 75 coa súa posta en marcha, e os concellos recadarán preto de 21 millóns de euros durante toda a súa explotación.
O director xeral, destacou que Norvento, con 7 parques, é o promotor con maior número de proxectos na provincia, mentres que Gas Natural Fenosa con 176MW é o que máis potencia pretende desenvolver. A maioría dos parques, 9 en total, abarcan máis dun concello. Neste sentido destacou o de Cadeira que beneficiará a Mondoñedo, Lourenzá, Trabada,
A Pontenova e Riotorto. Mondoñedo, pola súa parte, é o concello onde se realizarán un maior número de proxectos: seis parques eólicos en total.
A Xunta aposta polo desenvolvemento das enerxías renovables e, en concreto, da eólica, xa que supón unha oportunidade en materia de emprego e xeración de riqueza e crecemento económico. Así, o Goberno galego traballa para introducir melloras tecnolóxicas nos proxectos e que os novos parques entren en funcionamento dentro dos prazos establecidos.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



