Mondoñedo 10-4-18. Iria, que no que vai de ano xa logró un campeonato galego de cross federado e dous subcampeonatos galegos, un de cross escolar e outro de 1000m.l. en pista cuberta, na mañá do 8 de abril faciase tamén co título alevín de 1000m. en ruta con un tempo de 3,43 minutos. A medalla de prata foi para Elisa Morgado do S. A. O TREGA e o bronce para Marina Patio do clube atletismo Pinarum.
Pola súa parte, Ainara Rodríguez (actual campeona galega de 600 m. l. en pista cuberta), competía na categoría cadete xunto a grandes coñecidas xa do atletismo cadete galego e incluso nacional. Ainara alzouse igualmente co primeiro posto, medalla de ouro e, por tanto, primeiro caixón do podium que compartiu con Noelia Sánchez (actual campeona galega de 3000m.l.en P. C.) do “atletismo Friol” que gañou a prata, así como Carmen Victoria González do “Franciscanos” de Lugo (actual subcampiona de España nos 600m.l) quen obtivo a medalla de bronce.