Hai so quince días anticipei nestas mesmas páxinas (“Aínda hai xuices en Berlin”) o probábel rexeitamento da xustiza alemá á extradición de Puigdemont polo delicto de rebelión, á vista da redacción do tipo delictivo da alta traición no Código Penal alemán, que require violencia ou intimidación. Mais semellaba que non, que Llarena fixera un traballo moi bó, que Merkel e Rajoy eran moi amigos e Alemaña un país serio. Puigdemont sería extraditado axiña.
Con ser moi ilustrativo o entusiasmo dos voceiros mediáticos do tripartito do 155 e demáis cobertura do unionismo diante da nova da detención do lider catalán, aínda foi máis salientábel a reacción ás novas xudiciais que viñeron do land alemán de Schleswig Holstein. De súpeto abrollaron euroescepticismos e vellos complexos de inferioridade, con opinións non moi distintas do patrioterismo impreso na guerra de Cuba (1898) ou dos acenos illacionistas da España franquista de 1946 diante da retirada internacional de embaixadores. De súpeto o acordo Schegen non serve, Europa non ten contido nin proxecto e os alemàns son supremacistas. Todo porque un Tribunal independente dun Estado democrático non acepta unha acusación orfa de feitos.
E, se non queres caldo, velaí van dúas cuncas. O Gabinete de Prensa do Tribunal Supremo informaba que o maxistrado Llarena podería prantexar unha cuestión prexudicial ao Tribunal da UE que paralisaría o trámite das euroordes en Escocia, Bruxelas e Alemaña, proxectando a idea dun recurso que é imposíbel, porque quen pode prantexar esta caste de cuestións son os Tribunais que coñecen das euroordes, non o Tribunal emisor das mesmas. Está moi clariño no artigo 267 do Tratado de funcionamento da UE.
Puigdemont conseguiu europeizar o procès e está a gañar a batalla da opinión pública europea. As manifestacións da ministra federal alemá de Xustiza (SPD) e de relevantes eurodeputados da CDU amosan que no principal Estado da UE a cuestión catalá xa non é unha cuestión interna do Estado español. Cómpre unha mediación internacional sen condicións previas e semella que esta mediación xa non é unha ocorrencia no cerne mesmo da Europa.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



