Viveiro 11-4-2018. En colaboración con Radio Foz, Tá en artes vai a celebrar o dia internacional da Arte o 16 de abril luns, ás 19 horas dende as instalacións do CENIMA nun programa en direto, e ca intención de tomarlle o pulso ó ambiente artístico da Comarca. Queremos realizar un amplo debate, no que se poñan enriba da mesa os pensamentos e iniciativas neste tema, dende o mundo da Arte, polo que invitaremos a todos e todas artistas da Mariña, o mundo da política comarcal, cos alcaldes que gobernan e os partidos políticos da Comarca, presidente da Mancomunidade, Técnicos culturais dos concellos, Medios de Comunicación, e entidades que regularmente desenvolven esta labor de promoción da Arte dende o ámbito privado.
Queremos ante todo, como Asociación cultural centrada no mundo da creación artística plástica saber que
implicación real existe na Mariña con respecto a esta actividade.
Queremos saber si existe a necesidade dun ambiente artístico tanto particular das vilas como en xeral da Comarca, e si este pode ser canalizado dende a particularidade de cada concello cara un centro común como podería ser o CENIMA de Foz como escaparate tanto cara ó exterior da Comarca, como recoller a proposta exterior para ser mostrada na comarca.
Queremos saber tamén si o mundo artístico é capaz de vertebrar un tecido produtivo, entendendo o termino
dende a educación, como na propia proposta cara ó reclamo exterior.
Queremos saber si a Mariña ten capacidade para dar unha resposta seria ó mundo da arte, dende y para a Mariña.
Queremos pulsar a opinión dos medios de comunicación para saber o volume de información que se transmite nese campo. Así mesmo como articulan os Concellos a súa oferta artística.
Queremos que o programa sexa dinámico e poda intervir aquel que o desexe, partindo de tempos curtas, e
exposicións claras .
A intervención de introdución á problemática, farase dende a propia asociación Tá en artes, un representante dos/as artistas, o presidente da Mancomunidade e o alcalde de Foz, un representante dos medios de comunicacións, nun principio, para pasar a palabra a o resto dos/as asistentes e intentar establecer un coloquio para esclarecer as dúbidas que podan ir xurdindo.
Tamén convidamos á poboación en xeneral, que teña algo que dicir.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



