Lugo, 11 de abril de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, nomeou este mércores a Argelio Fernández Queipo como Vicepresidente da Deputación e responsable do departamento de Xestión Territorial, que inclúe Vías e Obras e Parque Móbil. Fíxoo simultaneamente ao cese de Manuel Martínez destas responsabilidades, así como da Xunta de Goberno, órgano no que pasa a ser membro a Deputada de Cultura, Pilar García Porto.
Campos Conde destacou que “continuamos a traballar con absoluta normalidade e con maior intensidade se cabe por unha Deputación coas persoas, social e rural. Somos un equipo de Goberno no que prima a humildade, a responsabilidade e o compromiso cos máis de 300.000 veciños da nosa provincia. E creo que así o demostramos sempre con cada un dos proxectos que fomos quen de sacar adiante a pesar de todas as trabas que tentan poñernos. Hoxe a Deputación é por excelencia o motor económico e social desta provincia, a institución con máis iniciativas para a xeración de novos postos de traballo e oportunidades económicas, para fomentar o benestar dos nosos veciños ou para dinamizar a vida no rural. Lideramos os investimentos na provincia en plans de xeración directa de emprego, de atención aos nosos maiores e a persoas con capacidades diferentes, de obra pública e tamén de impulso do deporte, a cultura ou promoción turística. Destinamos todos os fondos públicos desta institución, que son de todos os lucenses, á mellora da calidade de vida dos nosos veciños. E así o seguiremos a facer sempre”.
Fernández Queipo
Fernández Queipo continúa á fronte da área de Cooperación cos Concellos e Medio Ambiente, asumindo ademais agora, polo tanto, a Vicepresidencia e a área de Xestión Territorial da Deputación. É traballador público en excedencia no servizo de Conservación de Estradas de Asturias, “unha persoa que, non só debido á súa profesión, está moi sensibilizada coa necesidade de mellorar o conxunto de estradas nos 67 Concellos imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas. Como veciño e Alcalde da Fonsagrada, coñece de primeira man ás necesidades nesta materia, pois a Montaña foi durante décadas de goberno do PP a Comarca esquecida”, destacou o Presidente. Pola súa banda, o xa Vicepresidente dixo sentirse “moi honrado pola confianza depositada en mín polos meus compañeiros. É unha grande responsabilidade, que asumo con total humildade e con moita ilusión. Sempre digo que a Deputación é a casa de todos os Concellos polo que, dende as miñas novas competencias, seguirei a traballar para tentar dar respostas ás necesidade de todos os veciños da nosa provincia. Só agardo estar á altura das circunstancias. Moitas grazas amigo Presidente”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



