“Como a meniña tola,/ que sae por vez primeira/, con dengue e muradana,/ para a festa do lugar; /así, xentil e aposta,/ vai vindo a primaveira,/guirnalda de craveles, verquendo ó seu pasar…” do poema A primaveira, de M. Curros Enriquez.
O rei da primavera é o mes de maio, nome que procede de Maia, nai de Mercurio, deus que representa o trunfo da vexetación, o mes das flores. En maio remátase de sementa-lo millo e, cando se facía na última finca dunha casa poñíase no medio, cravada, unha gran rama de xesta en flor: era poñer o ramo ó maio. O mes era saudado pola galanura das súas flores: “velaí ven o maio cargado de flores; detrás ven san Xoan que as trae mellores…”
Entramos en maio: é tempo de sol, necesario da auga da chuvia que empuxa o paso da flor ó froito…
A maio refírense unha chea de refráns e ditos referidos á bondade da auga esperada como auga de maio, dise cando se anhela algo. Acontece a apoteoses florido da vida; escoitanse os últimos cantos do cuco e os primeiros do grilo, pregoeiros do tempo claro, bó agoiro entre as xentes do rural: significa amor, fartura, bó tempo. Comezan as festas do ramo florido. A flor como insignia de vida, porque no ciclo será froito e novamente semente. Os maios son unhas das festas mais populares do ciclo anual. Aproveitando os froitos que da a natureza, apréciase a creatividade das xentes nas composicións frorais, ou nas coplas que acompañan ós maios, fundamentais na escenificación da celebración, de orixe prehistórico, cubertos de polas e adornados con flores e vexetación.
Maio é o mes do amor; o mes verde e florido. Amor, vexetación e festas interrelaciónanse entre sí: “ Ahí ven o maio, florido e galán/ tódalas rapazas amores lle dan” (A. Cunqueiro); festas e ritos que sempre se acompañan con cánticos e coplas, xeralmente de carácter irónico, das que a literatura popular garda numerosos exemplos. En Galicia os maios teñen a súa mais xenuina representación en Ourense.
Aquí ven o maio/ puxéronse á porta/ cantándome os nenos;/ e os puchos furados/ pra mín extendendo/ pedíronme crocas/ dos meus castiñeiros/. Pasai , rapaciños,/calados e quedos;/ que polo de hoxe/ que darvos non teño;/ eu son vo-lo probe do pobo galego:/ ¡pra min non hai maio, / para sempre é inverno!… ¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?… Cantádeme un maio/ sen bruxas nen demos/ usuras nen preitos/ sen quintas nen portas,/ nen foros, nen cregos…./. Manuel Curros Enriquez: O MAIO.


















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



