Lugo, 9 de abril de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, e o Presidente da Asociación de Ferreiros, José Manuel Cobo, xunto a outras autoridades, presentaron este luns a XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 15 de abril. A presentación tivo lugar na Forxa de Manolo de Viñabella e, durante o acto, tivo lugar unha demostración en vivo de artesanía do ferro.
Campos Conde subliñou “o compromiso do Executivo Provincial con esta cita, coa que mantemos unha estreita colaboración nos últimos anos, posto que se ten convertido nunha referencia na nosa provincia. Deste xeito, achegamos 11.000 euros para a celebración desta décimo segunda edición da feira, que logra atraer a milleiros de persoas ao municipio, dinamizando a economía local e do conxunto da Mariña Lucense, ao mesmo tempo que poñemos en valor un oficio tradicional con demostracións en vivo, que supoñen un gran atractivo para os visitantes”.
O Presidente engadiu que “recentemente asinamos un novo convenio de colaboración coa Asociación de Ferreiros de Riotorto para a promoción do traballo destes profesionais, un traballo que forma parte da nosa historia e que, sen dúbida, se trata dunha sinal de identidade cultural e dun atractivo turístico da nosa provincia, especialmente, na Mariña Oriental”.
O convenio, por valor de 10.500 euros, permitirá a instalación nos obradoiros do ferro de Riotorto de paneis informativos e explicativos da historia deste oficio tradicional e da elaboración de produtos, para unha maior visibilidade. Ademais, os artesáns contarán cun deseño especial de embalaxe das súas pezas, cos que promover a súa marca. Deste xeito, serán pezas de artesanía feitas de madeira, nas que se comercializarán as súas pezas de ferro.
Máis colaboracións
Á achega do Executivo para a celebración da Feira do Ferro e o convenio asinado coa Asociación de Ferreiros de Riotorto engádese a colaboración que o Goberno da Deputación mantén a través da Fundación TIC coa realización dun documental a custe cero no que participan os profesionais desta asociación. Trátase dun traballo audiovisual que recolle as testemuñas dos ferreiros de Riotorto sobre a historia do seu oficio, experiencias, traxectoria, técnicas de traballo, elaboración das pezas… entre outros aspectos, co que se busca darlles unha maior promoción e a posta en valor do seu traballo. Ademais, a TIC da Deputación elaborou un vídeo promocional da feira que foi emitido na canle autonómica e nas redes sociais.
25 ferreiros participantes
A XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto dará comezo ás 11:00 horas no recinto feiral cuberto baixo carpa, situado a carón da piscina e dos colexios, onde tamén se poderá degustar polbo e outra comida tradicional. O pregoeiro da feira este ano será Xosé de Cora, director Xeral do Grupo El Progreso. Participarán uns 25 ferreiros chegados de Riotorto, Navarra, Santiago de Compostela, O Corgo, Os Oscos, Fonsagrada e Becerreá. Por outra banda, haberá animación musical durante toda a a xornada coa actuación do Coro de Riotorto, a charanga Mekánika e os Gaiteiros de Riotorto e outras actividades destinadas aos máis pequenos como talleres infantís e espectáculos de animación.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



