Lugo, 20 de abril de 2018. O Executivo aprobou este venres na Xunta de Goberno a posta en marcha da XXXV Copa Deputación de Fútbol e a VIII Liga Provincial de Piragüismo. Así o informou o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, quen apuntou que “destinamos 120.000 euros á promoción de ambos eventos deportivos, pois somos coñecedores da gran repercusión económica que teñen para o conxunto da provincia, así como para o impulso do deporte base lucense”.
Santos Ramos avanzou que “o torneo de fútbol reunirá a preto de 300 equipos, dende a categoría prebenxamín ata veteranos, entre os meses de maio e xuño. Trátase dunha edición especial, pois decidimos facerlle unha homenaxe a Jorge Tato Rey, xogador do Racing Club Vilalbés, que tristemente nos deixou fai dous anos. Pola súa parte, a Liga Provincial de Piragüismo comezará a finais deste mes e prolongarase ata setembro. Contará con seis probas nas que participarán de media uns 250 palistas, aos que se suman familiares e espectadores, o que da boa conta da relevancia desta competición para a nosa provincia, sendo un importante revulsivo económico”.
Sorteo da Copa Deputación
O Deputado de Relacións Institucionais subliñou que “mañá mesmo, nas instalacións do Pazo de San Marcos celebrarase o sorteo da Copa Deputación de Fútbol coa participación de representantes de todos os equipos participantes e de membros da Federación Galega de Fútbol”. O sorteo terá lugar a partir das 12:00 horas no Salón de Plenos da Deputación de Lugo.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
