Burela, 20 de abril de 2018. O Grupo Municipal Popular (GMP) burelés asegura que “o alcalde e os concelleiros socialistas non atenden o día a día da vida municipal, xa que están máis pendentes das fotos e das festas que de resolver aquelas cuestións que se plantexan na vida diaria”.
Os populares afirman que “desta vez, vemos cómo un emblema da Vila do Medio, un dos barrios senlleiros de Burela, en concreto o lavadoiro, está cheo de terra, lixo e demais depósitos que o fan impresentable. Xa sabemos que agora non se empregan os lavadoiros públicos pero, neste caso, non estaría de máis que o alcalde ou os seus concelleiros de Obras e de Medio Ambiente se pasaran por alí, para que comprobaran o cochambroso que se atopa”, indican.
Desde o Grupo Municipal apuntan que, “para esta foto, non é preciso meterse debaixo dos coches, como diría o rexedor socialista, xa que calquera persoa que pase por alí, e non son poucas, pode comprobar o que dicimos. Pedímoslle ao Sr. Llano celeridade para resolver estas situacións, sobre todo, estas que demostran que non levan así nin un día nin dous”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



