Foz 21-04-2018.- Esta semana, dende o PSOE de Foz, xa comunicabamos que se estaba producindo unha chegada masiva de cartas notificando aos veciños que, o Concello, lles reclama o pago dos atrasos da regularización catastral do IBI correspondentes aos anos 2012, 2013, 2014 2015, o chamado catastrazo.
O PSOE solicitou en pleno que non se estendese o cobro a todos os anos non prescritos, sobre todo sabendo como se xestionou este imposto estes anos con subidas xeneralizadas durante catro anos nos que o valor real da vivenda era mesmo inferior ao catastral.
Este sábado vemos na prensa as manifestacións que fai o Alcalde de Foz sobre dita regularización comunicando que, neses recibos, se procede á devolución do cobrado de mais no recibo do imposto do ano 2014.
Dende o PSOE de Foz temos que dicir que dita información e ditas declaracións son cando menos incorrectas. Non se devolve o cobrado de máis no ano 2014. Simplemente non se comete o erro que se cometeu ao emitir os recibos no ano mencionado. Digamos que se fan ben as cousas, aínda que iso está por ver aínda.
Isto so afecta os bens que se regularizaron e que agora mesmo saen ao cobro, pero que pasa co resto dos inmobles que non foron obxecto de regularizacións? Temos que lembrar que o PSOE alertou, en canto detectou o erro, e presentou unha moción para que se procedese á devolución de oficio. Trátase de preto de 200.000 euros que están mellor no peto dos veciños. Os socialistas asistimos atónitos á resposta do Alcalde que, contradicindo o manifestado noutras ocasións, agora di que, deben ser os propios veciños os que soliciten a devolución. Ningunha información respecto diso desde que sabe que cobrou de mais, ningún bando informando aos veciños. Apatía e deixamento por parte dun alcalde máis preocupado por recadar que por facer ben as cousas. O que leva pasado coa contribución en Foz nestes anos, e unha clara mostra da mala xestión do PP e do alcalde Castiñeira.
Á vista das declaracións do Alcalde e sabendo que este ano prescribe o dereito a solicitar a devolución do cobrado de mais, consideramos que sería convinte que o propio concello puxese a disposición dos afectados, un escrito para solicitar a devolución á que lles corresponde e persoal para atender as reclamacións.
Dado que desde o concello non se vai a proceder á devolución do ano 2014, nin hai visos de que se vaia a dispoñer dun servizo de reclamacións para atender aos afectados, o PSOE, xa hai meses que ten a disposición dos veciños un escrito para facilitar o trámite e solicitar a devolución. Dito escrito pode descargarse nas redes sociais da agrupación ou solicitarse na sede local.
Nada ten que ver neste tema a bonificación do 5% que depende da domiciliación dos recibos ou a baixada do tipo de gravame ao 0,52, que se logrou grazas a loita iniciada polo grupo socialista, xa que se aplicaron por primeira vez no 2017, por tanto non afectaron os anos que se regularizan 2012 a 2107. Polo tanto as declaracións do Alcalde vinculando tales rebaixas á regularización son tendenciosas, pois nada teñen que ver.
Os socialistas, cuestionámonos, si ninguén se preguntou se algún dos anos que se reclaman, está prescrito ou mesmo si caducou o expediente. Desde que se iniciou dito expediente de regularización alá polo 2015, ata agora o 2018 no que se emiten os recibos, pasaron máis de seis meses sen ningunha actuación por parte da administración e poden caducar os expedientes de regularización. Non é posible entender que a interrupción da prescrición sexa definitiva se non actúa a administración nos prazos regulamentarios. Motivo polo que, animamos aos veciños, a que recorran alegando esta posibilidade.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



