Os campións na primeira categoría masculina foron Jan Luis Cruz e Fidel Guimarey, que venceron na final a Miguel Veiga e Francisco Castro. Na segunda feminina o triunfo foi para Patricia Fanego e Alba Fernández trala súa victoria na final ante Raquel Álvarez e Maribel Muñoz. Ignacio Landa e Rafael Fernández conquistaron o título na Segunda masculina ante a parella formada por Antonio Novo e José Fernández. E na categoría mixta Venancio Granda e Alba Fernández gañaron a final que disputaron contra Jacobo Otero e Iria Otero. O II Open de Pádel Balpersa foi organizado por Pádel Club Ribadeo e patrocinado por Balpersa Volvo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



