Foz, 2 de abril de 2018. Os gañadores da XV Ruta das Tapas de Foz, elixidos polo xurado desta cita gastronómica, foron Bar 78, cafetería pastelería Anduriña e O Lar de Bustos. E a través do facebook do Centro Comercial Aberto de Foz a tapa que reuniu máis votos como a mellor presentada foi a do Bar 78.
Desde Acia/CCA de Foz agradecen a participación e o esforzo a todos os locais que se deron cita nesta XV Ruta das Tapas, así como a todos os ruteiros e votantes.
A hamburguesa de mar con ali oli de allo negro e esferificacións de lima limón con chips patata vitelotte do Bar 78 é a primeira premiada polo xurado e tamén a elixida polo público como a tapa mellor presentada na XV Ruta das Tapas, que se celebrou do 29 ao 31 de marzo en 15 locais hostaleiros focenses.
A festa de sabores con notas de café, froitos do bosque e castañas de Anduriña é a segunda clasificada e a sardiña estilo Bustos de O Lar de Bustos a terceira tapa premiada.
Os agasallos aos locais gañadores serán entregados nuns días.
Ruta dos viños
Tamén hoxe recibiu o seu agasallo a unha das agraciadas no sorteo celebrado o pasado luns, 26 de marzo, e correspondente á Ruta dos Viños, que se celebrou en Foz nas últimas semanas.
As afortunadas foron Mari Carmen Couto, que disfrutará dunha cea para 5 persoas no Leytón; e Mª Jesús López, que obtivo 3 vales de 20 euros cada un para consumir en Anduriña, Express e Mayros.
Hoxe recolleu o seu premio Mari Carmen Couto. Os encargados de entregarllo foron Mari Trigo e Moncho Río. Os sorteos e as entregas de premios da Ruta dos Viños tiveron lugar en Radio Foz.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



