Viveiro, 18 de abril de 2018. A Vicesecretaria Xeral de Relacións Institucionais da Executiva Provincial Socialista na Provincia de Lugo e Alcaldesa do PSOE en Viveiro, María Loureiro García, salientou este mércores que “Balseiro dedícase a pasear pola provincia, vendendo obras que executamos os Concellos con fondos da Unión Europea, que por lei corresponden a todos os veciños pola instalación de parques eólicos nos municipios. A Xunta de Galicia, como administración autonómica galega, limítase a facer chegar estes fondos comunitarios xa distribuídos aos Concellos, porque esta é a súa obriga, sendo unha mera intermediaria. O Delegado Territorial debería dunha vez por todas atender as necesidades dos veciños da nosa provincia, traendo investimentos públicos da Xunta aos Concellos lucenses, que por suposto tamén corresponden aos veciños desta provincia, en vez de, unicamente, preocuparse dos focos e de saír en cantas máis fotos mellor”. Nesta ligazón, pódese constatar a distribución dos fondos da Unión Europea do chamado Fondo de Compensación Ambiental, que publicou o DOG do 20 de xaneiro de 2017 (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG0244-130117-0006_es.html).
Loureiro García fixo referencia á visita de Balseiro este mércores a Celeiro para “supervisar” as obras que o Concello levou a cabo con fondos comunitarios polo canon eólico nun treito da Rúa Grande da que é a parroquia máis grande do municipio, pois conta con 2.000 habitantes. Están dotadas de 96.000 euros que concedeu a Unión Europea pola instalación en Viveiro duns 50 arexeradores.
Como mostra da “discriminación” e da “negativa do Partido Popular a achegar fondos públicos da Xunta de Galicia ao Concello de Viveiro para atender as necesidades dos veciños”, Loureiro García apuntou que “o Goberno galego do PP opúxose a financiar actuacións como a rehabilitación das rúas Rego das Frores, Alonso Pérez ou Jesús Noia. Fomos os socialistas, dende a Deputación de Lugo, os que respondemos a esta necesidade veciñal, asumindo estes traballos con 60.000 euros”.
Dous modelos confrontados
Loureiro García explicou que “existen dous modelos de cooperación cos Concellos: o partidista da Xunta de Galicia, que colabora cuns poucos municipios, na súa maioría, gobernados polo PP; fronte ao modelo da Deputación de Lugo, presidida polo socialista Darío Campos Conde, que colabora con absolutamente todos os municipios da provincia, atendendo por igual aos máis de 300.000 veciños desta provincia con cada unha das iniciativas e programacións que pon en marcha con fondos públicos que, como os da Xunta de Galicia, corresponden por igual a todos os cidadáns”.
Investimentos en Celeiro
“O que debería facer a Xunta de Galicia en Celeiro é traer investimentos reais, como así o facemos os socialistas dende a Deputación. Nesta parroquia, o Executivo Provincial do PSOE achegou outros 180.000 euros á mellora integral da rúa Rego da Fonte, unha das estradas máis importantes desta parroquia, pola que transitan diariamente grande cantidade veciños”, apuntou
Estes traballos que os socialistas levaron a Celeiro traballos consisten no cambio do sistema de saneamento e do pavimento, así como na humanización da travesía, con actuacións como a plantación de árbores ou a ampliación das beirarrúas. Estanse a renovar as tubaxes de todo o sistema de saneamento que, debido á súa antigüidade, se rompían e producían cortes de auga e tamén asolagamentos. Deste xeito, o PSOE dende a Deputación e o Concello de Viveiro responden a unha demanda histórica do veciños da zona, dotando á parroquia de Celeiro dun rúa totalmente renovada.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



