No Pleno celebrado o pasado 4 de abril aprobáronse os Presupostos Municipais 2018 para o Concello de Viveiro, co noso voto en contra porque:
Son uns presupostos que chegan fora de prazo – con máis de tres meses de retraso -, como é habitual desde que goberna a Sra. Loureiro, convertíndose este feito nun sinal de identidade da súa pésima xestión.
Son uns presupostos que se nos entregaron con pouco marxe de tempo para a súa revisión e aportación de propostas – e aínda asi presentamos quince -, dado que se nos tiñan que ter entregados antes do 15 de outubro do 2017 e déronsenos o 20 de marzo do 2018.
Son uns presupostos que so sirven para pagar nóminas e gastos corrientes, así estes dous apartados consumen o 86,91% dos 13.500.000€ presupostados, é dicir, un total de 11.753.404 €.
Son uns presupostos que non son reais nalgúns apartados ,por exemplo presupostando 25.000 € para gratificacións á Policía Local e gastando, ano tras ano, por riba dos 80,000€. Sabeno e aínda asi, mintennos, e minten ós veciños non presupostando a cifra real. Eles sabran por que.
Son uns presupostos cunha pírrica inversión con fondos propios, adicando 220.000€ – o 1,6% – a este “notable” esforzo inversor. Unha cantidade ridícula e insuficiente que nin axuda a crear emprego, nin a mellorar os servizos públicos que se lle poidan dar os veciños de Viveiro, nin a dinamizar a economía do noso Concello.
Son uns presupostos onde seguimos tendo unha elevada débeda viva, que a un de xaneiro era de 11.153.894 €, sendo o Concello máis endebedado da provincia, o que nos leva a preguntarnos unha vez máis: despois de que os distintos gobernos socialistas e o seus socios puntuais leven presupostados e gastados máis de 229 millóns de euros dende o ano 2003 que gobernan Viveiro, que é o que teñen feito para mellorar Viveiro, que novos servizos teñen creados?.
Son uns presupostos onde non se buscan consensos con todas as forzas representadas na Corporación Municipal, ó obxecto de mellorar as condicións de vida dos nosos veciños. Así non se admiten ningunha das nosas propostas: baixada do IBI – a contribución -, partidas económicas para solucionar as roturas da auga, realizar os saneamentos onde sexa necesario, a creación dun “vivero” de empresas, a reducción no prezo dalgunhas taxas públicas, a cobertura das prazas necesarias, o arreglo de pistas, a mellora do acceso a internet no rural…
Son uns presupostos que condean a Viveiro non so a seguir no furgón de cola de A Mariña, cando chegamos a ser a locomotora da mesma, senón que nos meten de cheo nunha nova dimensión, a de que imos para atrás coma o cangrexo.
Todos estes son motivos máis ca suficientes para decir NON gracias a estes presupostos.
En Viveiro, a 10 de abril de 2018
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro