Burela, 10 de abril de 218. A Concellería de Deportes fai unha valoración moi positiva da Semana do Deporte, que se desenvolveu do 5 ao 9 de abril. O edil Ramiro Fernández Rey agradece o traballo da xente que colaborou de xeito desinteresado no evento e destacou a labor realizada polo técnico municipal de Deportes, Iván Cao. O Concello traballa xa na organización da IV Semana do Deporte que terá lugar en 2019.
O concelleiro burelés dixo que “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela facemos unha valoración moi positiva do que foi a Semana do Deporte. As actividades tiveron moito interese entre a xente e estamos realmente satisfeitos de como se foi desenrolando todo, e seguiremos apostando o ano que ven por facer outra vez a Semana do Deporte”.
O edil de Deportes tivo palabras de agradecemento “para a xente que colaborou desinteresadamente en que este programa se puidera levar a cabo, e tamén salientar a labor do técnico de Deportes, Iván Cao, que fixo un traballo excelente nesta Semana do Deporte, e é de xustiza destacar ese traballo”.
Ramiro Fernández contou que “a partir de agora xa empezamos a preparar a cuarta edición da Semana do Deporte que vai ser o ano que ven, e esperamos que calquera que queira facer unha achega de cara a temas que poidamos tratar que as traslade, porque van ser estudadas e seguramente incorporadas ao programa”.
A III Semana do Deporte incluíu charlas e circuítos deportivos, entre outras actividades. Ademais Burela recibiu a visita do pívot do Obradoiro CAB Jordan Bachynski, que tamén aproveito a súa estadía na localidade para coñecer algúns dos seus atractivos turísticos.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
