Ribadeo, 27 de abril de 2018. O salón de plenos do Concello acolleu unha recepción ás dúas profesoras alemás do Karl Von Frisch Gymnasium, de Dusslingen (Stuttgart), que estes días se atopan na vila participando co IES Ribadeo Dionisio Gamallo no proxecto Erasmus + denominado El valor de la ciudadanía: la educación como fundamento del futuro en Europa, que se desenvolverá desde setembro deste ano ata setembro de 2019.
A través deste programa un grupo de alumnos e alumnas do IES Ribadeo visitará Alemaña do 17 ao 26 do vindeiro mes de setembro. E en maio de 2019 alumnado alemán viaxará a Ribadeo.
Este proxecto enmárcase no Plan de Europeización do centro para tentar abrir aos países veciños a aprendizaxe e compartila a través de toda a comunidade educativa: do alumnado cos intercambios, do profesorado cos proxectos de formación e coas familias a través da experiencia directa dos seus fillos e fillas.
Na recepción no Concello participaron o director do IES Ribadeo Dionisio Gamallo, Alfonso Piñeiro, así como os profesores do centro e coordinadores deste proxecto, Ángeles Ríos e Manel Yáñez. Con eles estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Educación, Deportes, Cultura e Sostibilidade Ambiental, Mariluz Álvarez, David Rivas, Farruco Graña e Paz Ermida.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



