Queixámonos ós políticos da desafección xeral cara esta nobre vocación que é a política, queixámonos de que a xente non vai a mitins e postas de largo, queixámonos de que as campañas non mobilizan electorado, pero non nos damos conta de que moitas veces, ás máis, a culpa é da propia acción dos políticos.
O exemplo claro de isto é a escenificación da mala xestión política na Deputación de Lugo, San Marcos é hoxe un circo, con todos os alicerces do circo clásico: funambulismos, equilibristas, magos e tamén cómicos. Toda unha corte de Deputados e asesores que o único que fan e danar á imaxe de Lugo e tamén de Galicia. Nomeamentos, ceses, cambios de Presidente con censura, disciplina de voto rota, rexistros da policía … ten todas as papeletas para ser unha serie de HBO.
A raíz da cuestión, non é outra que a descomposición como partido do PSOE, e Lugo é para desgraza dos galegos un dos máximos expoñentes do proceso. O PSOE xunto co BNG na Deputación cando chegaron viñan co mandato da xente de cambiar a mala praxes do PP de Cacharro, non fixeron tal, colleron o manual de boas prácticas caciquiles de D. Francisco e mellorárono poñendo á fronte a un Besteiro que como político nunca aportou nada e moito menos nos campos de transparencia e bo goberno.
O por que? é o que compre analizar, eu teño unha teoría que gustaría de compartir: isto sucede porque o PSOE deixou de ser un partido para tratar de ser un lobbie de intereses, de egoísmo e de forza. Funcionou a lo menos un tempo, todo era fácil, namear asesores e repartir asfalto pola provincia levou ó PSOE de Lugo ós seus mellores resultados da historia pero o prezo foi desaparecer como partido e ser una especie de lexión de estómagos agradecidos á Deputación.
Hoxe vemos na prensa o día a día do circo, incluso con vídeos virais dos plenos e discursos rancios de PP, PSOE e BNG onde cada quen se quere salvar da mala xestión feita e intentar gañar unha credibilidade que ninguén ten. Unha humilde recomendación, a política señores e señoras deputados/as da Deputación de Lugo é para servir á xente non para fortalecer partidos e facer un xogo de tronos. Por desgraza esta situación é regra na política galega, chega con cambiar os actores e territorios.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



