Ribadeo, 6 de abril de 2018. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convidou a todos os partidos políticos con representación no Concello a asistir hoxe ao pleno que se celebrará na Deputación e no que se debaterá o convenio para proceder á apertura de varias residencias de maiores, entre as que se atopa a de Ribadeo. Hai uns días nunha sesión plenaria celebrada no Concello ribadense todas as formacións BNG, PP, PSOE e Ciudadanos daban o seu respaldo unánime ao devandito convenio.
Nas últimas horas o rexedor dirixíase aos veciños e veciñas de Ribadeo a través do seu perfil de facebook: “quérovos confesar unha cousa a conta da residencia de maiores de Ribadeo. Teño un presentimento que non me fai estar ben e quero contalo”.
Suárez Barcia sinala que “hai poucos días o Concello de Ribadeo, e para honra de toda a Corporación Municipal dos 4 grupos que somos, votamos unanimemente a favor do Convenio coa Deputación Provincial para a xestión da nosa residencia de maiores. Un exitazo de tod@s e un orgullo para todo Ribadeo”
O alcalde segue a dicirlle á veciñanza: “¿cal é o seguinte paso? Pois que mañá (por hoxe, 6 de abril) celebrarase un pleno na Deputación para refrendar este mesmo convenio cos seis concellos que o asinamos. E ¿qué pode pasar? Pois que asistamos ao que a xente do común detesta. A política “de merda”, a política sen contar co pobo, a política noxenta de sempre. E ¿por qué? Pois ao igual que pasan en algunhas votacións no Parlamento Galego que os deputados dun grupo votan a favor dalgún asunto de competencia do Estado e logo cando ese asunto chega ao Parlamento do Estado, os deputados dese mesmo partido votan o contrario do que os seus compañeiros fixeron”.
Suárez Barcia explica: “aquí pode pasar o mesmo. Quizais eu, que ás veces peco de iluso, penso que se todos na Corporación de Ribadeo votan a favor dun convenio inmellorable para @s veciñ@s deste nobre Concello, pois o previsible é que os deputados provinciais deses mesmos grupos políticos voten o mesmo que os seus compañeiros en Ribadeo. Sé isto é así ou non saberémolo mañá (por hoxe). Para iso convidei expresamente a todos os grupos da Corporación de Ribadeo a ir ao Pleno da Deputación, para presenciar o que os deputados provinciais van votar”.
O alcalde de Ribadeo engade: “se se perpetra a traizón contra Ribadeo poderei dicir algo que sempre odio que se diga: Xa o dicía eu. Se ao final todo vai con sentidiño, coa forza da razón, da legalidade e ademais coa debida lealdade aos paisanos e paisanas maiores deste Concello, entón terei que dicir: son un esaxerado que sempre penso que moitos representantes políticos non merecen estar no cargo que ocupan”.
Fernando Suárez considera que “en Ribadeo non merecemos quedar así. E habemos tentalo ata o final”.
Esta reflexión realizada no facebook conta arestora con moitos comentarios de apoio ao alcalde e á residencia de maiores e con 124 me gustas.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



