Viveiro 9-4-18. Este domingo 8 de abril, tivo lugar a clausura da I Feira de Bodas y Algo Más; dende o Concello de Viveiro quérese destacar a importancia que tivo o evento e o grande éxito de participación de empresas e público. O Concello de Viveiro, dende o primeiro momento, apoio e colaborou con esta iniciativa do Centro Histórico de Vivero (CCHV) considerando que se trata dun evento distinto e moi interesante e que sirve para promocionar a economía local, pois permitiu que todas as empresas interesadas puideran participar na feira, sen ser necesario que pertenceran a ningunha das asociacións de comerciantes do municipio.
Dende o concello realizáronse as xestións necesarias para que a feira puidese realizarse na carpa que todos os anos, grazas á Deputación Provincial de Lugo, se instala nas inmediacións da Igrexa de San Francisco para acoller a exposición Antesala dun Museo da Semana Santa. Este ano, mantivemos a carpa instalada durante unha semana máis para poder acoller este evento, converténdose nun espazo único polo seu entorno e características.
Quero, así mesmo, agradecer a participación dos diversos expositorios e mais do público asistente, desexando que esta sexa a primeira edición dunha feira que, pouco a pouco, logre consolidarse e convertirse nun evento de referencia dentro do sector. Consideramos que este tipo de iniciativas son, sen lugar a dúbidas, beneficiosas para Viveiro e dende o concello continuaremos colaborando para que así sexa.
Por outra banda, tamén quero agradecer publicamente a todas aquelas persoas que fixeron posible que, un ano máis, a Semana Santa dos Nenos saíse ás rúas para que os máis pequenos celebren a súa propia Semana Santa, portando réplicas en miniatura dos pasos máis destacados da nosa Semana Maior. A pesar das inclemencias do tempo, foron moitos os nenos e nenas que participaron nesta celebración e moito o público asistente que non quixo perder tan bonita tradición. A Semana Santa dos Nenos é unha oportunidade única para desfrutar da implicación dos máis pequenos nunha das nosas celebracións máis significativas, comprobando que a continuidade da Semana Santa de Viveiro está máis que garantida.
A alcaldesa,
María Loureiro García
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



