Cervo, 27 de abril de 2018.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro co director do CEIP de Cervo, Manuel Martínez, e coa coordinadora do proxecto neste centro, Esther Basanta, no que coñeceron os pormenores do programa Erasmus + e se comprometeron a colaborar en todo o necesario para facer deste intercambio educativo e cultural ““unha experiencia moi beneficiosa tanto para o noso alumnado, como para aqueles que nos visiten”.
No proxecto, que ten unha duración de dous anos, participan España, Grecia, Portugal, Rumanía, Turquía e Lituania; e será no vindeiro mes de outubro cando recibiremos en Cervo a tres alumnos de cada un dos países incluídos no programa, acompañados por 2 profesores; en cada caso.
Villares e Caramés quixeron felicitar ao profesorado do CEIP de Cervo por adherirse a este programa que “é unha aposta pola internacionalización da educación e que estamos convencidos de que será beneficioso para o desenvolvemento persoal dos rapaces e rapazas que participan e que poderán tomar contacto con diferentes idiomas e culturas e convivir con nenos e nenas doutros países europeos”.
Froito deste programa, tres alumnos do CEIP de Cervo, acompañados polos seus profesores partirán xa cara Grecia o vindeiro 21 de maio, e estarán unha semana compartindo experiencias co alumnado dun colexio deste país.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



