Lugo, 3 de maio de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Director e a Xefa de Persoal do Resurrection Fest, Iván Méndez e Iria Quelle, presentaron este xoves, no salón de actos do Pazo de San Marcos, a XIII edición do festival de música metal e rock máis importante de España. Terá lugar do 11 ao 14 de xullo no municipio mariñán, co apoio principal da Deputación e do Concello de Viveiro.
O Goberno Provincial converte á Deputación na institución que máis colabora co Resurrection Fest cunha achega de 130.000 euros. Pola súa parte, o Concello de Viveiro cede os terreos para a organización do festival e pon a disposición dos usuarios o cámping gratuíto en Covas (con servizos de baños, duchas e buses) e o Mirador de San Roque (que tamén conta cunha gran zona de aparcamento). Os organizadores conseguiron unha subvención de 50.000 euros de AGADIC, axencia pública adscrita á Consellería de Cultura, tras participaran nun proceso de concorrencia competitiva e presentar este grande proxecto, avalado dende sempre por Concello e Deputación de Lugo para facer posible a súa celebración.
Neste senso, o Presidente destacou que “dende o Executivo Provincial case triplicamos a nosa colaboración en comparación coa Xunta de Galicia, aínda sendo esta última a que ten competencias directas en Cultura, e cando a administración autonómica ten 100 veces máis de presuposto. E o facemos porque consideramos que esta achega non é un gasto, senón un investimento para toda a provincia”. A Alcaldesa engadiu que “os inicios deste festival, 100% viveirense, que vai medrando ano a ano, foron moi complicados. Gustaríame lembrar a Melchor Roel porque el foi o pioneiro e o que soubo ver a grande proxección do Resu, que outros non quixeron apoiar e incluso criticaron, aqueles que hoxe se quitan fotos co festival porque agora é un referente. Pero non o apoiaron para que xurdise, nin nos seus inicios. En cambio, a Deputación desde as orixes sempre estivo aí, ao carón do Concello de Viveiro, para poder levar a cabo este grande festival”.
85.000 espectadores, 2.000 empregos e 13 millóns en beneficios
Segundo as previsións que manexa a organización, o festival reunirá a máis de 85.000 espectadores, procedentes de 30 países, xerando un volume de negocio para a provincia duns 13 millóns de euros e máis de 2.000 empregos directos e indirectos. Hoxe en día, xa colga o cartel de ocupación hoteleira ao 100% na zona, polo que os visitantes acoden aos establecementos de municipios limítrofes. O Concello pon á disposición dos usuarios o cámping gratuíto en Covas (con servizos de baños, duchas e buses) e o Mirador de San Roque (que tamén conta cunha gran zona de aparcamento). A organización ten máis propostas: Beachcamp: unha zona de acampada á beira da praia de Area; o Resucamp: cámping a escasos metros da entrada ao festival, a praia de Celeiro, e a Área Cámping: con todas as necesidades cubertas
Agradecemento a hostaleiros e veciños, en especial aos de Celeiro
Loureiro García agradeceu “a todos os veciños e hostaleiros do municipio e da Mariña a súa implicación durante toda a semana. En especial, quero dar as grazas aos veciños de Celeiro pois, durante uns días, ven afectado o seu día a día polo lugar de celebración do Resu, a carón dos seus fogares ou establecementos. Todo Viveiro prioriza a celebración deste grande festival porque é unha publicidade impagable para o noso Concello”.
Lendas da música no festival máis ambicioso
Iván Méndez subliñou que “é un cartel máis variado que tivemos nunca, para todos os públicos e gustos, e no que poderemos ver sobre os escenarios máis lendas da música: Tom Morello de Rage Against The Machine, Gene Simmons e Paul Stanley de KISS, Corey Taylor de Stone Sour e Slipknot, Klaus Meine e Rudolph Schenker de Scorpions, Dave Mustaine de Megadeth, Papa Emeritus de Ghost, B-Real e Sen Dog de Cypress Hill, Ao Jourgensen de Ministry, Jello Biafra de Dead Kennedys… e moitos máis. Sen dúbida, a edición máis ambiciosa e que pasará á historia”.
O cartel contará coa participación da banda estadounidense de rock KISS, o grupo norteamericano con maior número de Discos de Ouro logrados e que segundo a organización “teñen o espectáculo de rock, son, luz e pirotecnia máis grande do mundo”. Como en anteriores edicións, haberá 4 escenarios temáticos e 100 bandas no festival de música rock, que xa é unha referencia mundial. Tamén soarán outras bandas de referencia como Scorpions, Prophets of Rage, Ghost, ou Megadeth.
Un dos festivais máis potentes de España
O Resu gañou o Premio Fest 2016 na categoría ao mellor formato grande a nivel nacional. Este galardón é o único que existe en España dedicado aos festivais de música. Ademais, este ano foi premiado con 4 distincións nos Iberian Festival Award, incluíndo mellor festival de gran formato de toda a península e opta ao Premio Martín Codax da Música como mellor festival de Galicia.
Entradas
Iván Méndez destacou que xa venderon o 80% dos abonos dos 3 días de festival. Os interesados en mercar as entradas para o Resurrection Fest poden facelo a través da www.resurrectionfest.es, así como en todas as oficinas de Correos de España.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



