Lugo, 18 de maio de 2018.- Na comarca da Mariña rexistráronse un total de 575 vivendas de uso turístico dende a entrada en vigor, hai un ano, do decreto que regula esta modalidade de alugueiro. Esta cifra supón o 83,6 por cento das declaradas en toda a provincia (687).
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que a normativa funcionou dun xeito satisfactorio e acadou os seus obxectivos ao ofrecer un marco de seguridade xurídica para os interesados en comercializar estes servizos e para os usuarios e a sociedade en xeral, axudando a garantir a calidade e controlar a competencia desleal, harmonizando ademais usos e actividades.
Por concellos destacan os de Barreiros e Foz, que figuran entre os que contan con maior número de vivendas de uso turístico rexistradas en Galicia, xunto con outros como Sanxenxo, Santiago de Compostela, O Grove, A Coruña, Vigo, Poio, Cangas, Carnota, Fisterra e Bueu.
A continuación sitúanse Viveiro ou Ribadeo, que superan o medio centenar de vivendas rexistradas (ver táboa).
A boa marcha deste decreto autonómico, no que se materializa o traballo do Goberno galego neste eido nos últimos anos, radica na súa sinxela aplicación e no feito de que foi deseñado en diálogo co sector e tendo en conta tanto o interese xeral como o marco comunitario.
Inspección e colaboración
Tras un primeiro ano destinado a regularizar a nova situación, este aloxamento incorpórase ao Plan de inspección turística de Galicia co fin de seguir avanzando na súa aplicación. Para levar a cabo este labor, o Goberno galego busca a colaboración dos concellos e do Goberno central, polas súas competencias neste eido, e das plataformas online de comercialización.
Cómpre lembrar que o alugueiro vacacional conta en Galicia con tres tipos de aloxamento: apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico. As dúas primeiras estaban xa reguladas con anterioridade a este decreto. A principal novidade foi a ordenación das vivendas de uso turístico, aquelas cedidas a terceiras persoas, dunha forma reiterada e a cambio de contraprestación económica, para estadías de curta duración, amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade, entre outras características.
Para poder comercializar, polo menos en dúas ocasións ao longo do ano, estas vivendas deben estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), para o que se debe presentar unha declaración responsable.
CONCELLO Nº VIVENDAS
A Pontenova 1
Barreiros 188
Burela 24
Cervo 13
Foz 174
Lourenzá 7
Mondoñedo 12
O Valadouro 1
O Vicedo 24
Ribadeo 57
Trabada 4
Viveiro 63
Xove 7
TOTAL 575
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



