Burela 14-5-18. Esta semana, a Policía Local de Burela inicia unha Campaña Especial sobre Cinto de Seguridade e Sistemas de Retención Infantil ( SRI).
Dita campaña desenvolvésese desde o 14 ao 18 de maio de 2018, e encádrase na Campaña que a DXT inicia nesas datas nas estradas galegas.
O uso de sistemas de retención homologados, cinto de seguridade e SRI, veuse demostrando como o sistema de seguridade mais sinxelo, rendible e eficaz en todo tipo de Vías e traxectos.
Aínda que se incrementou o uso do cinto de seguridade, existen aínda graves lagoas, dificilmente entendible se temos en conta a relación entre a sinxeleza de uso e a súa eficacia, xa que reduce á metade o risco de morte en caso de accidente.
Ademais, un dos obxectivos da Estratexia de Seguridade viaria 2011-2020 é lograr que ningún neno perda a vida por non ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e talla.
A vixilancia e aplicación da lei no que respecta ao uso do cinto e sistemas de retención consolidouse como un dos métodos máis efectivos para manter e incrementar o indice de uso do cinto entre os ocupantes dos vehículos.
Desde a Policía Local de Burela somos conscientes que a circulación en centro urbano constitúe o primeiro dos escenarios onde o condutor inicia a adquisición de hábitos e costumes, e que, neste caso o incumprimento é significativamente maior que en vías interurbanas.
Indicar que as sancións por incumprir a normativa do uso destes sistemas de seguridade carrexa multas de 200 euros e a perdida de tres puntos.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



