Burela 3-5-18. O cineasta Adrián Canoura retornou este xoves ás aulas do IES Perdouro e esta vez para presentar ao alumnado do bacharelato de Humanidades as súas creacións de vangarda artística nos ámbitos do cinema e a música.
No capítulo da formación, Canoura explicou a súa experiencia na Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC e insistiu diante do alumnado na necesidade de completar a formación básica con cursos específicos. Neste sentido, mostrouse tamén moi satisfeito da aprendizaxe que adquiriu na Escola de Ficción de Voz Audiovisual e no Máster LAV, realizado en Madrid.
Centrado na súa obra de creación, o cineasta de Burela lembrou diante do alumnado o proceso de realización do seu primeiroo traballo: Escamas, Sangue!, feito en 2014, con Breixo Llano, cando aínda era estudante na Fundación TIC. A seguir, expuxo as características de Salitre nas Veas (de 2017, ambientada no Vicedo) e de Caerán Lóstregos do Ceo (de 2018, e baseada nos ensaios antropolóxicos de Vicente Risco), ambas presentadas nestes días pasados no festival PLAY DOC de Tui.
Antes de finalizar o coloquio, abordouse o tema da creación musical. Por un lado, Canoura evocou o Nistra Batuko Exploration (2015), que recupera imaxes da convivencia intercultural en Burela durante os anos 90 -con imaxes de vídeo gravadas naquel momento-; e, por outro, coa presentación da música de Baiuca, o proxecto músico-adiovisual co que está colleitando moito éxito e que terá a próxima cita co público especialista no decurso do Festival de Cans.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



