Ribadeo 6-5-18. O atleta ribadense Aleix Díaz Salas proclamouse este sábado Campión galego sub16 de clubs co seu equipo, Escuela atlética lucense.
Este 5 de maio, celebráronse os Campionatos galegos de clubs sub16 e sub 20 nas pistas de atletismo do INEF en Bastiagueiro (A Coruña). Na categoría sub16, na que compite Aleix, participaban os 11 mellores equios de Galicia.
Dende as 10 h ata pasadas as 20 h se sucederon as distintas probas atléticas. Aleix participaba nas disciplinas de 100 e 300 m.l., cuns excelentes resultados, xa que acadaría nas duas a 1ª posición da sua serie e a 2ª da xeral, co que sumaría para o seu club 20 dos 22 puntos posibles. Ademáis Aleix rebaixaría os seus mellores rexistros nas duas probas, con 12.00 seg. en 100 m.l. e 38.25 seg. nos 300 m.l.
A Escuela Atlética Lucense acadaría un total de 159 puntos, sendo seguida por RC Celta con 142,5 puntos e CA Millaraio de Santiago con 140 puntos.
Con estos resutados Aleix segue progresando nestas disciplinas, estando á altura dos mellores atletas galegos pesa a seguir cos seus adestramentos lonxe das pistas de atletismo.
Para o próximo sábado 12 de maio será o turno de Brais no Campionato Galego de clubs Sub14, para posteriormente pasar xa ós campionatos individuais.