Alfoz, 2 de maio de 2018. Coa intención de ofrecer unha mellor atención a todos os visitantes ao Castelo de Castro de Ouro e de dinamizar e promover todos os recursos turísticos cos que conta o Concello de Alfoz, a oficina de Turismo sita no propio Castelo permaneceu aberta nun horario especial durante a ponte de maio 2018.
A oficina de turismo de Alfoz recibiu a máis de 190 visitantes nestes catro días, que puideron facer a visita o propio Castelo así como ver a exposición das Antigas Escolas Unitarias de Alfoz, a mostra Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo II e o Museo da Zoca.
En canto as procedencias, foron os turistas de Madrid os que máis visitaron o Castelo, seguidos dos turistas galegos. Ase mesmo, recibíronse visitantes asturianos, vascos e andaluces. Por último mencionar as visitas internacionais procedentes de Holanda.
Os datos recollidos durante a ponte, xunto coas visitas rexistradas durante a Semana Santa, confirman a liña de crecemento que está a seguir o turismo no concello, afianzándose Alfoz como destino turístico de referencia para os visitantes que acoden a Mariña Lucense.