O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Burela e Presidente de EXPOMAR, Alfredo Llano, a Concelleira e membro de Expomar, Patricia Otero, e o patrón maior das confrarías, Basilio Otero, clausuraron este venres a XXV Edición das Xornadas Técnicas de Expomar, que promociona o Executivo Provincial cunha achega de 5.000 euros. Esta cita xa se converteu nun referente nacional e internacional na promoción e o desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro. Campos Conde remarcou que “esta xornada é fundamental para o sector, xa que por un lado cumpre coa súa permanente defensa e promoción do sector pesqueiro, e, por outro, converte á Mariña Lucense, concretamente a Burela, na capital da pesca a nivel nacional e internacional”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



