Lugo 10-5-18. Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, presidiu este xoves a reunión da Xunta Directiva Provincial na que fixo unha análise da situación política lucense. Neste senso, e ante o suceder dos feitos dos últimos días, a dirixente dos populares na provincia ve ao PSOE “desnortado” e “abrumado” pola xestión dos Gobernos do Partido Popular. Referiuse así ás manifestacións de distintos socialistas, realizadas hoxe e nos últilmos días, ante o anuncio con orzamento e prazos concretos da conexión ferroviaria de Lugo con Ourense e logo de que se aprobase no Consello de Administración devolver ao Pleno as competencias para retirar a condición de órgano propio a SUPLUSA.
Con esta valoración, Elena Candia comezou a reunión da Xunta Directiva, na que, ademais de afiliados, participaron distintos cargos orgánicos do Partido, engadindo que “creo que o acontecido vén a demostrar que somos a única forza política que trae investimentos para Lugo e esta provincia, e lle dá coherencia e sentido común ás administracións nas que gobernan”; tal é así que, e a modo de exemplo, lembrou que o Concello da capital, a pesares de ter a documentación, segundo adiantou o ministro de Fomento o pasado luns, “aínda non foi quen de darlle o visto e prace para que se poida asinar o ansiado convenio da Intermodal”.
Por outra banda, lamentou que, “tanto o deputado no Parlamento de Galicia como o secretario Xeral do PSdeG viñesen a Lugo para non dicir nada e, no caso do segundo, só para pasear, cando ten bastantes asuntos que solucionar e que son bastante máis importantes que deixarse ver por aquí”. Neste senso, calificou de “auténtica barbaridade”, que este último situase a Lugo como exemplo de xestión en Galicia, sobre todo, apuntou “cando todos sabemos que ao mandato da alcaldesa lle queda un ano e polo único que se coñece é por beirarrúas en mal estado, zonas casi intransitables pola maleza ou facturas impagadas. E se nos fixamos na Deputación, é porque son incapaces de gobernar esta intitución debido aos líos internos nos que levan inmersos dende 2015”, remarcou.
“Traballando para o proxecto de provincia de queremos”
Por todo elo, Elena Candia non dubidou en poñer en valor que, “fronte a esta deriva sen precedentes do PSOE tanto na Deputación como no Concello, dende o PP seguiremos traballando para, primeiro, velar porque se cumpran todos os compromisos e, segundo, para dotar á esta provincia do proxecto político e social que os socialistas non son capaces de crear”.
A este respecto, explicou que, “dado que temos unha cita electoral por diante moi importante para o noso Partido, dende hai tempo estamos visitando as agrupacións para buscar os mellores candidatos para os veciños dos 67 Concellos e atender as súas necesidades”. “Este é un traballo en silencio, como non pode ser doutro xeito, pero que estamos convencidos, está sentando as bases para o proxecto de provincia que queremo e que, humildemente entendemos, merecen os lucenses”, concluíu.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



