Mondoñedo, 24 de maio de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a executar as obras de remodelación do edificio emprazado nos números 26-28 da praza dos Muíños de Mondoñedo que, unha vez rematadas, permitirán dispoñer de dúas vivendas de promoción pública de catro e tres dormitorios respectivamente.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, acompañado da alcaldesa da localidade, Elena Candia, e de técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo, supervisaron a marcha destas obras que poderían estar rematadas en xullo de 2019.
O Goberno galego destina para este fin un orzamento de preto de 400.000 euros que fará posible a remodelación integral do actual inmoble respectando –unha vez mellorada- a singularidade da fachada actual, construída en recebado de cal sobre pedra e formigón.
Entre as características construtivas do proxecto destaca tamén as fiestras exteriores de madeira de castaño ou pino, pavimentos interiores de baldosa de gres e tarima de madeira de carballo e cuberta de lousa con cravos de aceiro.
Balseiro lembrou que, con esta actuación, conseguimos dous obxectivos: por unha banda, incrementar a oferta de vivendas a prezos accesibles grazas aos dous inmobles resultantes tras a obra e, en segundo lugar, a posta en valor dun espazo público no barrio dos Muíños, un dos máis singulares da localidade.
Dáse a circunstancia ademais de que a administración autonómica e local están a realizar un importante esforzo conxunto na rehabilitación deste barrio, e colaboran no impulso dun paquete de medias que van desde a promoción de espazos para manter e incrementar os negocios de artesanía e alimentación característicos desta zona, como na rehabilitación de rúas, prazas ou na posta en valor desde o punto de vista turístico dun espazo singular que se caracteriza polas canles fluviais que o percorren.
Novas demandas de artesáns
Pola súa banda, a alcaldesa, Elena Candia, explica que ademais dos locais xa abertos dous artesáns contactaron co Concello para interesarse polas condicións para instalarse no barrio. A rexedora asegura que se trata dunha demanda histórica coa veciñanza do barrio dos Muíños, polo que agradece a implicación da Xunta na súa recuperación. Lamenta que nos oito anos anteriores o Goberno local tivera o barrio esquecido e asegura que seguirá a traballar para devolverlle o dinamismo que sempre debeu ter e para que sexa un lugar de oportunidades.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.