O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou que “o cantautor galego Tino Baz ofrecerá un concerto no salón de actos do Concello de Lourenzá o sábado 19 de maio ás 20 horas. Tino Baz é un coñecido cantautor e músico de A Guarda (Pontevedra) que formou parte de grupos tan recoñecidos como A Roda e Treixadura. Actuou na clausura da primeira edición das Xornadas de Historia Local que se celebrou en xaneiro de 2017 na Fortaleza de Tovar”. Este acto, que servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas, está organizado pola Concellería de Cultura e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



