Mondoñedo, 14 de maio de 2018.- O Concello de Mondoñedo implícase na iniciativa para a dotación de audioguías teatralizadas que poñen en valor os recursos turísticos de varias localidades da Mariña, entre elas, a de Mondoñedo.
En concreto, o Concello de Mondoñedo afrontará os curtos dos auriculares e dos aparellos reprodutores (mp3), que permitirán dispoñer da audioguía a través da que se describe o “enorme” potencial turístico e histórico da cidade de Álvaro Cunqueiro, empregando como principal fío condutor a figura do escritor.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou esta mañá no acto de presentación desta iniciativa turística coa que está a colaborar o Concello da cidade episcopal coa finalidade “de potenciar unha proposta de interese para unha localidade cuns recursos turísticos atractivos en varios eidos, tanto no histórico, como no cultural, no literario e no artístico ao que se lle suma o rico potencial de natureza que presenta todo o municipio”.
Elena Candia defendeu a importancia e a necesidade de que estas audioguías sexan traducidas a máis idiomas para que o efecto e as persoas ás que chegue sexa moito maior. Así, defendeu que o Concello aposta e colabora con “calquera tipo de iniciativa que dea a coñecer, describa e explique os nosos recursos; sendo moi necesario e imprescindible para desenvolver esta iniciativas as ferramentas técnicas que sufragará o Concello e que permitirán a reprodución destas audioguías do casco histórico de Mondoñedo”.
Por último, a rexedora puxo en valor este investimento que asumirá o Concello xa que se permitirá, deste xeito, a adquisición de auriculares e mp3 que permitirán incluír nun futuro máis rutas.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



