Lugo, 10 de maio de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos aos deportistas da provincia de Lugo que foron becados polo Goberno da Deputación. Trátanse das axudas para deportistas individuais que o Executivo Provincial ofreceu, en réxime de concorrencia competitiva, por un valor total de 75.000 euros. No acto tamén participaron o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos; o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón; o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca; e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro Villares.
En total, foron 150 deportistas individuais da provincia de Lugo os que se beneficiaron destas bolsas, ás que puideron optar todos os lucenses interesados, e coas que o Goberno da Deputación premiou o esforzo competitivo introducindo criterios totalmente obxectivos para a súa concesión. No reparto das bolsas, que oscilan entre os 300 e os 1.500 euros, tivéronse en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais.
Durante o desenvolvemento do acto, os deportistas recibiron diplomas cos que o Executivo Provincial homenaxeou a súa traxectoria deportiva e os éxitos logrados durante a pasada anualidade.
Distribución das axudas por modalidade
O Goberno da Deputación achegou un total de 75.000 euros dirixidos a premiar o esforzo competitivo dun total de 150 deportistas lucenses. A distribución das axudas é a seguinte:
– Atletismo: concedéronse un total de 62 axudas, por un valor total de 28.450 euros, que representan o 41,3% do total.
– Natación: concedéronse un total de 15 axudas, por un valor total de 7.100 euros, que representan o 10% do total.
– Tiro olímpico: concedéronse un total de 12 axudas, por un valor total de 5.150 euros, que representan o 9,2% do total.
– Piragüismo: concedéronse un total de 11 axudas, por un valor total de 5.700 euros, que representan o 7,3% do total.
– Taekwondo: concedéronse un total de 10 axudas, por un valor total de 3.450 euros, que representan o 6,6% do total.
– Loita: concedéronse un total de 9 axudas, por un valor total de 6.500 euros, que representan o 6% do total.
– Tríatlon: concedéronse un total de 7 axudas, por un valor total de 6.900 euros, que representan o 4,6% do total.
– Karate: concedeuse 6 axuda, por un valor total de 2.250 euros, que representan o 4% do total.
– Orientación: concedéronse un total de 4 axudas, por un valor total de 2.300 euros, que representan 2,6% do total.
– Judo: concedéronse un total de 3 axudas, por un valor total de 1.100 euros, que representan o 2% do total.
– Tenis de mesa: concedéronse un total de 3 axudas, por un valor total de 900 euros, que representan o 2% do total.
– Tríatlon e péntatlon moderno: concedéronse 2 axudas, por un valor total de 1.300 euros, que representan o 1,3% do total.
– Kickboxing: concedéronse 2 axudas, por un valor total de 600 euros, que representan o 1,3% do total.
– Squash: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 1.000 euros, que representan o 0,6% do total.
– Ciclismo: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 300 euros, que representa o 0,6% do total.
– Federación Española Deportes para Cegos: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 1.500 euros, que representan o 0,6% do total.
– Pesca: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 500 euros, que representa o 0,6% do total.
Distribución das axudas por zonas
– A Mariña. Son un total de 12 axudas por valor de 6.300 euros, o que representa o 8% do total. A distribución por Concellos é a que sigue. Viveiro: 2.500 euros (2 bolsas); Ribadeo: 500 euros (1 bolsa); Lourenzá: 1.500 euros (5 bolsas); Burela: 500 euros (1 bolsa); Mondoñedo: 1.300 euros (3 bolsas).
– Zona Centro. Son un total de 126 axudas por valor de 62.250 euros, o que representa un 84% do total. A distribución por Concellos é a que sigue. Begonte: 750 euros (1 bolsa); Castroverde: 300 euros (1 bolsa); Friol: 500 euros (1 bolsa); Guitiriz: 300 euros (1 bolsa); Lugo: 53.900 euros (110 bolsas); Muras: 300 euros (1 bolsa); Outeiro de Rei: 600 euros (2 bolsas); Rábade: 1.550 euros (3 bolsas); Vilalba: 4.050 euros (6 bolsas).
– Zona Sur. Son total de 12 axudas por valor de 6.450 euros, o que representa un 8% do total. A distribución por Concellos é a que sigue. Monforte de Lemos: 6.450 euros (12 bolsas).























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
